{"id":1645,"date":"2022-03-15T16:32:00","date_gmt":"2022-03-15T16:32:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/nace-sedexpo-un-salon-de-seguridade-defensa-e-emerxencias-que-a-feira-internacional-de-galicia-abanca-celebrara-do-17-ao-19-de-novembro-de-2022\/"},"modified":"2022-03-15T16:32:03","modified_gmt":"2022-03-15T16:32:03","slug":"nace-sedexpo-un-salon-de-seguridade-defensa-e-emerxencias-que-a-feira-internacional-de-galicia-abanca-celebrara-do-17-ao-19-de-novembro-de-2022","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/nace-sedexpo-un-salon-de-seguridade-defensa-e-emerxencias-que-a-feira-internacional-de-galicia-abanca-celebrara-do-17-ao-19-de-novembro-de-2022\/","title":{"rendered":"Nace SEDEXPO, un sal\u00f3n de Seguridade, Defensa e Emerxencias que a Feira Internacional de Galicia ABANCA celebrar\u00e1 do 17 ao 19 de novembro de 2022"},"content":{"rendered":"
A Feira Internacional de Galicia ABANCA<\/a> incorpora ao seu calendario un novo evento, a I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO. Na s\u00faa organizaci\u00f3n, a entidade feiral conta cun comit\u00e9 reitor do que forman parte a Asociaci\u00f3n de Directivos de Seguridad Integral (ADSI), a Asociaci\u00f3n Nacional de Profesores Acreditados de Seguridad Privada (ANPASP), a Asociaci\u00f3n Internacional de Miembros de Cuerpos de Seguridad y Emergencias (AIMCSE) e o consultor e asesor de seguridade e defensa D. Luis Mart\u00ednez Gavil\u00e1n.<\/p>\n Este novo evento, que ter\u00e1 lugar do 17 ao 19 de novembro de 2022, converterase na primeira cita a nivel nacional que re\u00fana de forma destacada aos principais axentes de cada un destes tres \u00e1mbitos tan diferentes pero \u00e1 vez tan sin\u00e9rxicos e imprescindibles para garantir benestar e protecci\u00f3n social.<\/p>\n Ser\u00e1 un interesante escaparate para toda a s\u00faa industria e as s\u00faas entidades de referencia, vitais para a sociedade e que tam\u00e9n contan cun marcado car\u00e1cter estrat\u00e9xico, xa que xeran un importante retorno econ\u00f3mico e fomentan un alto volume tanto de emprego cualificado como de innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica.<\/p>\n As\u00ed mesmo, contar\u00e1 cun completo programa de actividades que incluir\u00e1 xornadas t\u00e9cnicas, exhibici\u00f3ns, simulacros, talleres formativos e entrega de distinci\u00f3ns. Ademais, ser\u00e1 protagonista da feira o recentemente constitu\u00eddo Foro Internacional de la Mujer en Seguridad, Defensa y Emergencias, unha iniciativa que nace vinculada ao certame co obxectivo com\u00fan de impulsar e promover a conciencia e a cultura de seguridade e defensa, revalorizando ao mesmo tempo o papel e a capacidade que a muller ten nestes \u00e1mbitos.<\/p>\n No certame haber\u00e1 unha nutrida representaci\u00f3n p\u00fablico\/privada que po\u00f1a de manifesto a colaboraci\u00f3n constante e os numerosos nexos de uni\u00f3n entre organismos como as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Forzas Armadas, Unidade Militar de Emerxencias (UME), unidades de defensa NBQR (Nuclear, Bacteriol\u00f3xica, Qu\u00edmica e Radiol\u00f3xica), Protecci\u00f3n Civil, bombeiros ou sanitarios e as empresas privadas, o mundo acad\u00e9mico de cada \u00e1mbito e as principais asociaci\u00f3ns e colectivos destes tres sectores presentes. Mostrarase ademais equipamento e sistemas de seguridade p\u00fablica e privada, veh\u00edculos, equipos de protecci\u00f3n individual, tecnolox\u00eda aplicada, ferramentas de ciberseguridade, soluci\u00f3ns de prevenci\u00f3n de riscos laborais, equipos de emerxencias, sistemas de iluminaci\u00f3n e sinalizaci\u00f3n, dispositivos de detecci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, rob\u00f3tica, aeron\u00e1utica, simulaci\u00f3n, armas e munici\u00f3ns e servizos de consultor\u00eda e enxe\u00f1er\u00eda, as\u00ed como a oferta formativa no \u00e1mbito privado e da Administraci\u00f3n en cada \u00e1rea.<\/p>\n Co dese\u00f1o deste certame, a Feira Internacional de Galicia ABANCA incorpora novos sectores ao seu calendario e mostra unha vez m\u00e1is a s\u00faa capacidade para diversificar a s\u00faa actividade, o cal se foi facendo patente nos \u00faltimos anos coa creaci\u00f3n de eventos de distintos \u00e1mbitos. Ademais, faino nun momento no que a pesar de que a situaci\u00f3n actual derivada do COVID-19 obrigou a aprazar alg\u00fans certames, a entidade feiral ten seguido traballando intensamente na atracci\u00f3n e desenvolvemento de novos proxectos.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" CONVERTERASE NA PRIMEIRA CITA A NIVEL NACIONAL QUE RE\u00daNA DE FORMA DESTACADA AOS PRINCIPAIS AXENTES DE CADA UN DESTES TRES \u00c1MBITOS CLAVES PARA O BENESTAR E A PROTECCI\u00d3N SOCIAL ADEMAIS DE CREAR UN INTERESANTE ESCAPARATE DA S\u00daA INDUSTRIA E ENTIDADES DE REFERENCIA, INCLUIR\u00c1 UN COMPLETO E ATRACTIVO PROGRAMA DE ACTIVIDADES A Feira Internacional de Galicia … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1356,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-1645","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\nNovos sectores<\/h3>\n