{"id":1655,"date":"2022-03-16T15:28:35","date_gmt":"2022-03-16T15:28:35","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/a-asociacion-europea-de-profesionais-para-o-conecemento-e-regulacion-de-actividades-de-seguridade-cidada-nov-entidade-colaboradora-de-sedexpo\/"},"modified":"2022-03-16T15:28:35","modified_gmt":"2022-03-16T15:28:35","slug":"a-asociacion-europea-de-profesionais-para-o-conecemento-e-regulacion-de-actividades-de-seguridade-cidada-nov-entidade-colaboradora-de-sedexpo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/a-asociacion-europea-de-profesionais-para-o-conecemento-e-regulacion-de-actividades-de-seguridade-cidada-nov-entidade-colaboradora-de-sedexpo\/","title":{"rendered":"A Asociaci\u00f3n Europea de Profesionais para o Co\u00f1ecemento e Regulaci\u00f3n de Actividades de Seguridade Cidad\u00e1, nov entidade colaboradora de SEDEXPO"},"content":{"rendered":"
A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, a cal se celebrar\u00e1 do 17 ao 19 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, est\u00e1 a traballar intensamente na consecuci\u00f3n de apoios.<\/p>\n
As\u00ed, ao respaldo de distintas entidades nas \u00faltimas semanas e aos convenios asinados no marco do Sal\u00f3n Internacional de Seguridade (SICUR), s\u00famase o acordo coa Asociaci\u00f3n Europea de Profesionais para o Co\u00f1ecemento e Regulaci\u00f3n de Actividades de Seguridade Cidad\u00e1 (AECRA), a cal ser\u00e1 Entidade Colaboradora de Sedexpo. Este compromiso, que tam\u00e9n se fixo efectivo no marco de Sicur a pasada semana, foi asinado por parte do presidente de AECRA, Jorge Salgueiro, e do director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Dur\u00e1n.<\/p>\n
AECRA def\u00ednese como unha asociaci\u00f3n plural e profesional dedicada, cunha clara vocaci\u00f3n integradora, \u00e1 subministraci\u00f3n de maneira principal de soluci\u00f3ns xur\u00eddico pr\u00e1cticas para os axentes intervintes na seguridade cidad\u00e1. Pretenden establecer, a trav\u00e9s dun labor coordinado, criterios interpretativos com\u00fans e puntos de encontro ante situaci\u00f3ns de fricci\u00f3n provocadas por unha falta de precisi\u00f3n das normas aplicables ao caso. O di\u00e1logo e a comunicaci\u00f3n constit\u00faen a raz\u00f3n da s\u00faa existencia.<\/p>\n
O seu amplo abanico de servizos incl\u00fae asesoramento, acceso a informes propios ou alleos, participaci\u00f3n en foros de debate e Comisi\u00f3ns de Traballo, elaboraci\u00f3n de proxectos, organizaci\u00f3n de eventos ou firma de Convenios para mellora do interese xeral.<\/p>\n
A s\u00faa colaboraci\u00f3n con Sedexpo 2022 representa un importante respaldo para que a feira sexa un efectivo espazo de converxencia para empresas, profesionais e instituci\u00f3ns do sector da seguridade.<\/p>\n
Sedexpo en Sicur<\/strong><\/p>\n A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias participou a pasada semana na \u00e1rea expositiva de Sicur cunha caseta no que tam\u00e9n estivo presente a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), apoiando \u00e1 feira e dando a co\u00f1ecer tanto o seu traballo como alg\u00fans dos innovadores equipos que utiliza nas s\u00faas intervenci\u00f3ns. O equipo de Sedexpo realizou un intenso labor de cara a a primeira edici\u00f3n do evento, atendendo multitude de visitas na caseta e mantendo reuni\u00f3ns con importantes entidades do sector, ademais da firma de acordos.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" O ACORDO FOI RATIFICADO A SEMANA PASADA NO MARCO DO SAL\u00d3N INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, SICUR, NO CAL O CERTAME LEVOU A CABO UN INTENSO LABOR DE CARA \u00c1 S\u00daA PRIMEIRA EDICI\u00d3N A FEIRA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, DEFENSA E EMERXENCIAS CELEBRARASE NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA DO 17 Ao 19 DE NOVEMBRO A I … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1503,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-1655","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n