{"id":2118,"date":"2022-11-04T08:51:10","date_gmt":"2022-11-04T08:51:10","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/el-nuevo-certamen-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-ultima-ya-su-primera-edicion-que-sera-del-17-al-19-de-noviembre-2\/"},"modified":"2022-11-04T08:54:06","modified_gmt":"2022-11-04T08:54:06","slug":"el-nuevo-certamen-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-ultima-ya-su-primera-edicion-que-sera-del-17-al-19-de-noviembre-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/el-nuevo-certamen-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-ultima-ya-su-primera-edicion-que-sera-del-17-al-19-de-noviembre-2\/","title":{"rendered":"O novo certame de seguridade, defensa e emerxencias SEDEXPO ultima xa a s\u00faa primeira edici\u00f3n, que ser\u00e1 do 17 ao 19 de novembro"},"content":{"rendered":"
Silleda, 4 de novembro de 2022.- <\/em><\/strong>A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, ultima xa a s\u00faa primeira edici\u00f3n, a cal ter\u00e1 lugar do 17 ao 19 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).<\/p>\n SEDEXPO 2022 conformar\u00e1 un punto de encontro no que organismos p\u00fablicos, instituci\u00f3ns, empresas e profesionais destes \u00e1mbitos vitais para a sociedade poder\u00e1n explorar oportunidades de colaboraci\u00f3n, establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio e co\u00f1ecer novidades.<\/p>\n O certame contar\u00e1 con representaci\u00f3n p\u00fablico\/privada que po\u00f1er\u00e1 de manifesto a colaboraci\u00f3n constante e os numerosos nexos de uni\u00f3n entre organismos como as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protecci\u00f3n Civil, bombeiros ou sanitarios e as empresas privadas, o mundo acad\u00e9mico e asociaci\u00f3ns e colectivos destes \u00e1mbitos.<\/p>\n A s\u00faa \u00e1rea expositiva contar\u00e1 con empresas e entidades que mostrar\u00e1n interesantes novidades e iniciativas, tendo maior desenvolvemento os \u00e1mbitos de seguridade e emerxencias. Expo\u00f1erase equipamento e sistemas de seguridade p\u00fablica e privada, carroceiros de veh\u00edculos e material m\u00f3bil para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protecci\u00f3n Civil e Emerxencias; equipos de protecci\u00f3n individual, tecnolox\u00eda aplicada, ferramentas de ciberseguridade, an\u00e1lise e intelixencia; soluci\u00f3ns de prevenci\u00f3n de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detecci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, rob\u00f3tica, aeron\u00e1utica, simulaci\u00f3n e servizos de consultor\u00eda e enxe\u00f1er\u00eda, entre outros.<\/p>\n En canto ao seu programa de actividades, ser\u00e1 moi completo. Destacar\u00e1 non s\u00f3 o amplo n\u00famero de conferencias, con seis salas funcionando ao mesmo tempo durante os tres d\u00edas, sen\u00f3n tam\u00e9n o alto nivel dos seus relatores e a relevancia dos temas abordados. As\u00ed mesmo, chamar\u00e1n a atenci\u00f3n as s\u00faas exhibici\u00f3ns e simulacros, que ter\u00e1n lugar tanto en zonas exteriores como no lago artificial do recinto e nos seus pavill\u00f3ns.<\/p>\n Para todo iso, m\u00e1is dunha vintena de entidades, departamentos da Xunta de Galicia e da Administraci\u00f3n Central e colectivos vinculados cos sectores implicados ap\u00f3iana desde o seu comit\u00e9 organizador e como colaboradores.<\/p>\n Ademais, SEDEXPO conta co patrocinio da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estrat\u00e9xica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs) para mellorar a prestaci\u00f3n dos servizos p\u00fablicos e crear un polo de innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica neste segmento do sector aeroespacial.<\/p>\n Exposici\u00f3n din\u00e1mica, sinal de identidade da feira<\/strong><\/p>\n A posibilidade de mostrar e ver en funcionamento e a trav\u00e9s de demostraci\u00f3ns aquilo que noutras feiras se exp\u00f3n dunha forma moito m\u00e1is est\u00e1tica, ser\u00e1 un dos sinais de identidade do evento e un dos principais aspectos diferenciadores de Sedexpo.<\/p>\n Para iso, a Feira Internacional de Galicia ABANCA \u00e9 o mellor lugar de celebraci\u00f3n posible, grazas aos seus 400.000 metros cadrados de superficie e \u00e1 versatilidade que lle confiren os seus m\u00faltiples pavill\u00f3ns, o seu auditorio para 624 persoas, os 55.000 metros cadrados de espazos exteriores destinados a exposici\u00f3n ou actividades, o lago artificial ou o ring con bancadas cubertas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTA CITA, QUE TER\u00c1 LUGAR NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, CONXUGAR\u00c1 UNHA ATRACTIVA \u00c1REA EXPOSITIVA CUN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES NO QUE DESTACAR\u00c1N TANTO AS EXHIBICI\u00d3NS E SIMULACROS COMO AS CONFERENCIAS Silleda, 4 de novembro de 2022.- A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, ultima xa a s\u00faa primeira edici\u00f3n, a … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2114,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-2118","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n