{"id":2137,"date":"2022-11-08T09:43:04","date_gmt":"2022-11-08T09:43:04","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/de-la-estrategia-nacional-al-presente-y-futuro-en-el-ambito-privado-la-amplia-vision-de-la-seguridad-en-las-conferencias-de-sedexpo-2022\/"},"modified":"2022-11-08T09:44:39","modified_gmt":"2022-11-08T09:44:39","slug":"de-la-estrategia-nacional-al-presente-y-futuro-en-el-ambito-privado-la-amplia-vision-de-la-seguridad-en-las-conferencias-de-sedexpo-2022","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/de-la-estrategia-nacional-al-presente-y-futuro-en-el-ambito-privado-la-amplia-vision-de-la-seguridad-en-las-conferencias-de-sedexpo-2022\/","title":{"rendered":"Da estratexia nacional ao presente e futuro no \u00e1mbito privado, a ampla visi\u00f3n da seguridade nas conferencias de SEDEXPO 2022"},"content":{"rendered":"
Silleda, 8 de novembro de 2022.- <\/em><\/strong>A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, contar\u00e1 do 17 ao 19 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA cun completo programa de conferencias.<\/p>\n Unha proposta na que ter\u00e1n gran peso as xornadas centradas no \u00e1mbito da seguridade, as cales estar\u00e1n organizadas por m\u00e1is dunha ducia de colectivos e departamentos da Administraci\u00f3n e non s\u00f3 se caracterizar\u00e1n polo seu gran n\u00famero, sen\u00f3n tam\u00e9n pola ampla visi\u00f3n do sector que proporcionar\u00e1n, a relevancia dos temas abordados e o alto nivel dos seus relatores.<\/p>\n Proba diso ser\u00e1 xa a primeira das xornadas que se celebrar\u00e1 no certame. Centrarase no concepto espa\u00f1ol da seguridade nacional e estar\u00e1 organizada polo Departamento de Seguridad Nacional, o cal tam\u00e9n abordar\u00e1 noutra conferencia a estratexia de seguridade nacional. Ademais, celebrarase unha mesa redonda sobre a CUI – Civil Uavs Initiative, iniciativa estrat\u00e9xica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia para atraer investimentos no sector aeroespacial e desenvolver soluci\u00f3ns innovadoras no \u00e1mbito da industria de sistemas e veh\u00edculos non tripulados, a cal ademais patrocina a feira.<\/p>\n A Asociaci\u00f3n Internacional de Membros de Corpos de Seguridade e Emerxencias (AIMCSE) e a Asociaci\u00f3n de Directores de Seguridade (ADISPO) conducir\u00e1n varias xornadas nas que se tratar\u00e1n, entre outros aspectos, a cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada en materia de intelixencia econ\u00f3mica, a intelixencia en apoio da seguridade e das investigaci\u00f3ns, a ciberintelixencia corporativa, a ciberseguridade, o papel da intelixencia en conflitos armados como o de Ucra\u00edna ou a participaci\u00f3n de ADISPO en Top Eco Cloud como exemplo de impulso \u00e1 innovaci\u00f3n.<\/p>\n Tam\u00e9n ter\u00e1 lugar a I Xornada sobre a normativa en seguridade privada, presente e futuro na s\u00faa regulaci\u00f3n, organizada pola Asociaci\u00f3n Europea de Profesionais para o Co\u00f1ecemento e Regulaci\u00f3n de Actividades de Seguridade (AECRA), a Asociaci\u00f3n Estatal de Formaci\u00f3n de Seguridade Privada (ASEFOSP), a Asociaci\u00f3n de Xefes e Directores de Seguridade de Espa\u00f1a (AJDSE) e a Federaci\u00f3n Empresarial Espa\u00f1ola de Seguridade (FES).<\/p>\n As\u00ed mesmo, analizarase a seguridade en contorna portuaria, por parte da Asociaci\u00f3n de Directivos de Seguridade Integral (ADSI) e a Alianza Espa\u00f1ola de Seguridade e Crise (AESyC); e tam\u00e9n o equipamento robotizado como futuro da seguridade e a carreira profesional en seguridade, de man da asociaci\u00f3n internacional ASIS.<\/p>\n A Plataforma\u00a0 Tecnol\u00f3xica Espa\u00f1ola de Seguridade e Resiliencia Industrial (PESI) profundar\u00e1 no modelo de xesti\u00f3n integral de riscos e gobernanza de seguridade para a resiliencia de infraestruturas cr\u00edticas e servizos esenciais para a sociedade e tam\u00e9n na innovaci\u00f3n e desenvolvemento tecnol\u00f3xico en materia de seguridade, emerxencias e tecnolox\u00edas duais.<\/p>\n Por outra banda, tam\u00e9n haber\u00e1 presentaci\u00f3ns como a do Proxecto Atalaya de Seguridade Privada, realizada pola Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Compa\u00f1\u00edas de Seguridade Privada (ASECOPS) e a de proxectos da actual convocatoria da Business Factory Aero (BFAero), programa de incubaci\u00f3n, aceleraci\u00f3n e consolidaci\u00f3n de empresas especializado en veh\u00edculos non tripulados da Xunta de Galicia.<\/p>\n Ademais, algunhas das empresas presentes na \u00e1rea expositiva organizar\u00e1n xornadas relacionados coa seguridade, como Esri, que achegar\u00e1 a s\u00faa visi\u00f3n sobre a transformaci\u00f3n dixital nos organismos de seguridade e emerxencias, e Servidron, que far\u00e1 o propio sobre o Aerial Insights, Cart-Ou- Matic, imaxe a\u00e9rea para a obtenci\u00f3n de cartograf\u00eda, atestados e detecci\u00f3n r\u00e1pida de cambios e tam\u00e9n sobre o sistema de detecci\u00f3n e mitigaci\u00f3n System Drone Espa\u00f1a.<\/p>\n A estas conferencias sumaranse interesantes demostraci\u00f3ns e simulacros centrados en distintos produtos e sistemas, os cales ter\u00e1n lugar en diversas \u00e1reas do recinto.<\/p>\n Seis salas para un ampl\u00edsimo programa<\/strong><\/p>\n Sedexpo 2022 ofrecer\u00e1 un completo programa no que \u00e1s conferencias relativas a seguridade sumaranse outras xornadas, centradas especialmente en emerxencias, pero tam\u00e9n con algunhas propostas sobre defensa. Todo iso supor\u00e1 manter seis salas funcionando ao mesmo tempo durante os tres d\u00edas nos que ter\u00e1 lugar o certame.<\/p>\n Ademais, para o desenvolvemento das exhibici\u00f3ns e demostraci\u00f3ns, a Feira Internacional de Galicia ABANCA po\u00f1er\u00e1 a disposici\u00f3n os m\u00faltiples espazos que acollen os 400.000 metros cadrados deste recinto, como os seus m\u00faltiples pavill\u00f3ns, o seu auditorio para 624 persoas, os 55.000 metros cadrados de espazos exteriores destinados a exposici\u00f3n ou actividades, o lago artificial ou o ring con bancadas cubertas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" A PRIMERA EDICI\u00d3N DESTA FEIRA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, DEFENSA E EMERXENCIAS ACOLLER\u00c1 UN COMPLETO PROGRAMA DE XORNADAS ORGANIZADAS POR IMPORTANTES COLECTIVOS E DEPARTAMENTOS DA ADMINISTRACI\u00d3N TER\u00c1 LUGAR DO 17 AO 19 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA Silleda, 8 de novembro de 2022.- A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2135,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-2137","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n