{"id":2252,"date":"2022-11-13T10:17:33","date_gmt":"2022-11-13T10:17:33","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/las-fuerzas-y-cuerpos-de-seguridad-del-estado-mostraran-su-trabajo-y-protagonizaran-espectaculares-simulacros-en-sedexpo-202\/"},"modified":"2022-11-13T10:21:16","modified_gmt":"2022-11-13T10:21:16","slug":"las-fuerzas-y-cuerpos-de-seguridad-del-estado-mostraran-su-trabajo-y-protagonizaran-espectaculares-simulacros-en-sedexpo-202","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/las-fuerzas-y-cuerpos-de-seguridad-del-estado-mostraran-su-trabajo-y-protagonizaran-espectaculares-simulacros-en-sedexpo-202\/","title":{"rendered":"As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado mostrar\u00e1n o seu traballo e protagonizar\u00e1n espectaculares simulacros en SEDEXPO 2022"},"content":{"rendered":"
Silleda, 11 de novembro de 2022.- <\/em><\/strong>A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, a cal ter\u00e1 lugar do 17 ao 19 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, contar\u00e1 cunha importante representaci\u00f3n dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.<\/p>\n Reunir\u00e1 a Polic\u00edas Locais de Galicia, Polic\u00eda Municipal de Madrid, Polic\u00eda Auton\u00f3mica de Galicia e as d\u00faas principais Forzas de \u00e1mbito nacional, o Corpo Nacional de Polic\u00eda e o corpo de seguridade m\u00e1is antigo de Espa\u00f1a, a Garda Civil.<\/p>\n A Garda Civil mostrar\u00e1 na \u00e1rea expositiva diversos equipos e sistemas, entre eles os seus novos veh\u00edculos el\u00e9ctricos de Fiscal e Fronteiras, de Seguridade Cidad\u00e1, da Agrupaci\u00f3n de Tr\u00e1fico e Servizo de Protecci\u00f3n da Natureza, ademais de diversa uniformidade de protecci\u00f3n e material t\u00e9cnico, como o dactilosc\u00f3pico que se utiliza na recensi\u00f3n de detidos, o empregado nos controis de velocidade na estrada, material de control de masas, drons, etc.<\/p>\n Pola s\u00faa banda, a Polic\u00eda Nacional participar\u00e1 na \u00e1rea expositiva do certame cun stand no que ter\u00e1n presenza as unidades de Medios A\u00e9reos, Telecomunicaci\u00f3ns, Estranxeir\u00eda e Fronteiras, TEDAX, Polic\u00eda Cient\u00edfica, Seguridade Privada e Escola Nacional de Polic\u00eda.<\/p>\n As\u00ed mesmo, levar\u00e1 a cabo d\u00faas xornadas. A primeira delas, centrada nos drons na Polic\u00eda Nacional e a segunda no uso da tecnolox\u00eda no labor policial. Nesta \u00faltima participar\u00e1n representantes da Subdirecci\u00f3n Xeral de Lox\u00edstica, \u00c1rea de Telecomunicaci\u00f3n; Comisar\u00eda Xeral de Informaci\u00f3n: TEDAX; Comisar\u00eda Xeral de Seguridade Cidad\u00e1: Unidade Central de Seguridade\u00a0\u00a0 Privada; Comisar\u00eda Xeral de Polic\u00eda Cient\u00edfica; Comisar\u00eda Xeral de Estranxeir\u00eda e Fronteiras: Punto de Atenas; Divisi\u00f3n Econ\u00f3mica e T\u00e9cnica. Servizo de Helic\u00f3pteros; e a Xefatura Superior de Polic\u00eda de Galicia.<\/p>\n En canto \u00e1 Polic\u00eda Auton\u00f3mica, mostrar\u00e1 distintos aspectos deste corpo a trav\u00e9s dun espazo expositivo en feira. E a Polic\u00eda Local, protagonizar\u00e1 varias xornadas de gran interese. As\u00ed, a Asociaci\u00f3n de Xefes e Mandos de Polic\u00eda Local de Galicia (AXEMPOL), falar\u00e1 sobre o presente e futuro das polic\u00edas locais de Galicia, coa participaci\u00f3n dos xefes da Polic\u00eda Local de A Coru\u00f1a, Pontevedra, Ferrol, Porri\u00f1o, Poio, Valdovi\u00f1o e Viveiro. Sumaranse d\u00faas conferencias da Polic\u00eda Local de Madrid, as cales versar\u00e1n sobre o uso dos sistemas de informaci\u00f3n na Polic\u00eda Municipal de Madrid, a cargo do seu xefe de Servizos de Sistemas de Informaci\u00f3n, e sobre a Polic\u00eda Municipal de Madrid en proxectos de investigaci\u00f3n europeos. Proxecto Intrepid, por parte do Intendente responsable do proxecto.<\/p>\n Vistosas demostraci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n Ademais de estar presentes no certame con stand, tanto a Garda Civil como a Polic\u00eda Auton\u00f3mica realizar\u00e1n vistosas exhibici\u00f3ns.<\/p>\n O Corpo da Garda Civil far\u00e1 alarde da s\u00faa gran transversalidade<\/em> (te\u00f1en capacidades en mar, aire, monta\u00f1a, estradas, medios subacu\u00e1ticos, etc), de forma que protagonizar\u00e1 durante o s\u00e1bado de feira un espectacular simulacro de atentado a un VIP (Very Important Person<\/em>) en convoi de seguridade, onde po\u00f1er\u00e1 de manifesto a s\u00faa versatilidade e capacidade de resposta.<\/p>\n Nesta exhibici\u00f3n participar\u00e1n unidades como o GRS (Grupo de Reserva e Seguridade), a Agrupaci\u00f3n de Tr\u00e1fico, a unidade de drons e antidrons Pegaso, a USECIC (Unidade de Seguridade Cidad\u00e1 de Comandancia), t\u00e9cnicos en desactivaci\u00f3n de explosivos e dispositivos NRBQ (nuclear, radiol\u00f3xico, biol\u00f3xico e qu\u00edmico), especialistas do Grupo Cinol\u00f3xico cos seus cans, Unidade de Helic\u00f3pteros e o seu Grupo de Cabaler\u00eda, conxugando con estes \u00faltimos a preservaci\u00f3n da tradici\u00f3n e a adaptaci\u00f3n \u00e1 modernidade dos nosos d\u00edas.<\/p>\n Pola s\u00faa banda, a Polic\u00eda Auton\u00f3mica levar\u00e1 a cabo un vistoso simulacro no lago do recinto. Consistir\u00e1 nunha procura subacu\u00e1tica con mergulladores e dron submarino.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" A GARDIA CIVIL E A POLIC\u00cdA AUTON\u00d3MICA DE GALICIA RECREAR\u00c1N DISTINAS SITUACI\u00d3NS, COMO UN ATENTADO A UN VIP POR PARTE DA PRIMEIRA E UNHA PROCURA SUBMARINA NO CASO DA SEGUNDA, ADEMAIS DE CONTAR CON STANDS NOS QUE PODER\u00c1N VERSE DISTINTOS OPERATIVOS E MEDIOS A POLIC\u00cdA NACIONAL ESTAR\u00c1 PRESENTE NA \u00c1REA EXPOSITIVA CON NUMEROSAS UNIDADES E … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1462,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-2252","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n