{"id":2344,"date":"2022-11-16T12:22:28","date_gmt":"2022-11-16T12:22:28","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-se-estrena-manana-con-284-firmas-y-las-jornadas-y-demostraciones-como-senas-de-identidad\/"},"modified":"2022-11-16T12:23:56","modified_gmt":"2022-11-16T12:23:56","slug":"la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-se-estrena-manana-con-284-firmas-y-las-jornadas-y-demostraciones-como-senas-de-identidad","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-se-estrena-manana-con-284-firmas-y-las-jornadas-y-demostraciones-como-senas-de-identidad\/","title":{"rendered":"A feira de seguridade, defensa e emerxencias SEDEXPO estr\u00e9ase ma\u00f1\u00e1 con 284 firmas e as xornadas e demostraci\u00f3ns como sinais de identidade"},"content":{"rendered":"
Silleda, 16 de novembro de 2022.- <\/em><\/strong>A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, abre ma\u00f1\u00e1 as s\u00faas portas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. Estr\u00e9ase as\u00ed unha cita que ter\u00e1 como sinais de identidade a s\u00faa exposici\u00f3n din\u00e1mica, a cal permite ver a trav\u00e9s de demostraci\u00f3ns aquilo que noutras feiras se mostra de forma moito m\u00e1is est\u00e1tica, e tam\u00e9n o seu completo programa de conferencias.<\/p>\n Esta primeira edici\u00f3n do certame, que ser\u00e1 inaugurada ma\u00f1\u00e1 pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, conta con 284 firmas expositoras de 26 pa\u00edses, das cales 92 son expositores directos e as restantes est\u00e1n representadas por estes. As entidades e empresas presente en feira proceden de 7 pa\u00edses, como son Espa\u00f1a, EE.UU, Alema\u00f1a, Francia, Irlanda, Italia e Suecia.<\/p>\n A exposici\u00f3n, na que contar\u00e1n con maior desenvolvemento os \u00e1mbitos de seguridade e emerxencias, mostrar\u00e1 equipamento e sistemas de seguridade p\u00fablica e privada, carroceiros de veh\u00edculos e material m\u00f3bil para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protecci\u00f3n Civil e Emerxencias; equipos de protecci\u00f3n individual, tecnolox\u00eda aplicada, ferramentas de ciberseguridade, an\u00e1lise e intelixencia; soluci\u00f3ns de prevenci\u00f3n de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detecci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, rob\u00f3tica, aeron\u00e1utica, simulaci\u00f3n e servizos de consultor\u00eda e enxe\u00f1er\u00eda, entre outros.<\/p>\n A esta mostra sumarase unha interesante programaci\u00f3n de actividades que se desenvolver\u00e1 en distintos espazos tanto interiores como exteriores, ocupando a feira un total 27.800 metros cadrados brutos do recinto.<\/p>\n Desde o seu comit\u00e9 organizador e como colaboradores, apoian o certame unha vintena de entidades, colectivos e departamentos da Xunta de Galicia e da Administraci\u00f3n Central. Ademais, conta co patrocinio da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estrat\u00e9xica liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs).<\/p>\n Estas entidades, ademais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e numerosas empresas presentes no certame, organizar\u00e1n un programa con multitude de propostas.<\/p>\n M\u00e1is de 90 conferencias e espectaculares simulacros<\/strong><\/p>\n Un dos elementos diferenciadores de Sedexpo ser\u00e1 o seu amplo programa de conferencias, con m\u00e1is de 90 relatorios enmarcados en m\u00e1is de trinta xornadas e no I Congreso Internacional de Incendios Forestais de Galicia Interlumes. Un gran n\u00famero que supo\u00f1er\u00e1 a participaci\u00f3n de preto de 130 expertos e o funcionamento de seis salgas para o seu desenvolvemento durante a feira.<\/p>\n Os temas abordados ser\u00e1n de m\u00e1ximo interese, analizando entre outros moitos aspectos, o concepto espa\u00f1ol e a estratexia de seguridade nacional, o sistema integral de radiocomunicaci\u00f3ns de emerxencias do Estado, a cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada en materia de intelixencia econ\u00f3mica, o presente e futuro na regulaci\u00f3n da seguridade privada, os drons en situaci\u00f3ns de emerxencia e rescate, intelixencia e ciberintelixencia empresarial ou corporativa, ameazas h\u00edbridas e ciberseguridade, intelixencia en conflitos armados como o de Ucra\u00edna, soluci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n con 112, a trasformaci\u00f3n dixital nos organismos de seguridade e emerxencias ou a protecci\u00f3n contra incendios.<\/p>\n Sumaranse talleres como os de soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n externa semiautom\u00e1tica ou o de xesti\u00f3n do estr\u00e9s en situaci\u00f3ns de crises e emerxencias, ademais de presentaci\u00f3ns e reuni\u00f3ns de xuntas directivas.<\/p>\n Por outra banda, destacar\u00e1n as numerosas demostraci\u00f3ns que permitir\u00e1 ver os produtos expostos en funcionamento, como as de sistemas de extinci\u00f3n de incendios, equipos de excarceraci\u00f3n, salvavidas port\u00e1tiles, drons de seguridade e salvamento, un sistema que permite unha transmisi\u00f3n encriptada da informaci\u00f3n recollida por un dron a calquera parte do mundo v\u00eda LTE ou dun prototipo de dron armado en desenvolvemento para as Forzas Armadas.<\/p>\n Ademais, diversos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado realizar\u00e1n espectaculares simulacros. A Garda Civil simular\u00e1 un atentado a un VIP (Very Important Person) en convoi de seguridade, con participaci\u00f3n de unidades como o GRS (Grupo de Reserva e Seguridade), a Agrupaci\u00f3n de Tr\u00e1fico, a unidade de drons e antidrones Pegaso, a USECIC (Unidade de Seguridade Cidad\u00e1 de Comandancia), t\u00e9cnicos en desactivaci\u00f3n de explosivos e dispositivos NRBQ (nuclear, radiol\u00f3xico, biol\u00f3xico e qu\u00edmico), especialistas do Grupo Cinol\u00f3xico cos seus cans, Unidade de Helic\u00f3pteros e o seu Grupo de Cabaler\u00eda. Pola s\u00faa banda, a Polic\u00eda Auton\u00f3mica levar\u00e1 a cabo no lago do recinto unha intervenci\u00f3n subacu\u00e1tica de procura realizada por mergulladores e dron submarino.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTE CERTAME, QUE SER\u00c1 INAUGURADO POLA CONSELLEIRA DO MAR, ROSA QUINTANA, E O CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL, JOS\u00c9 GONZ\u00c1LEZ, CELEBRARASE ATA O S\u00c1BADO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ENTIDADES E DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA E A ADMINISTRACI\u00d3N CENTRAL, AS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E DISTINTAS EMPRESAS ORGANIZAR\u00c1N CONFERENCIAS, OBRADOIROS, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1449,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-2344","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n