{"id":2362,"date":"2022-11-17T18:25:03","date_gmt":"2022-11-17T18:25:03","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/sedexpo-2022-arranca-con-la-innovacion-como-protagonista-tanto-de-su-exposicion-como-de-las-jornadas-y-demostraciones\/"},"modified":"2022-11-17T18:26:21","modified_gmt":"2022-11-17T18:26:21","slug":"sedexpo-2022-arranca-con-la-innovacion-como-protagonista-tanto-de-su-exposicion-como-de-las-jornadas-y-demostraciones","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/sedexpo-2022-arranca-con-la-innovacion-como-protagonista-tanto-de-su-exposicion-como-de-las-jornadas-y-demostraciones\/","title":{"rendered":"SEDEXPO 2022 arrinca coa innovaci\u00f3n como protagonista tanto da s\u00faa exposici\u00f3n como das xornadas e demostraci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"
Silleda, 17 de novembro de 2022.- <\/em><\/strong>A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, abriu esta ma\u00f1\u00e1 as s\u00faas portas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.<\/p>\n Inaugurada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, estreouse coa innovaci\u00f3n como protagonistas tanto da mostra como do programa \u00a0desta cita, a cal que ten como sinais de identidade a s\u00faa exposici\u00f3n din\u00e1mica, a cal permite ver a trav\u00e9s de demostraci\u00f3ns aquilo que noutras feiras se mostra de forma moito m\u00e1is est\u00e1tica, e tam\u00e9n o seu completo programa de xornadas.<\/p>\n En consonancia con esta caracter\u00edstica diferenciadora, o certame celebrou ao longo do d\u00eda de hoxe m\u00e1is de corenta conferencias e numerosas demostraci\u00f3ns, presentaci\u00f3ns e talleres.<\/p>\n As\u00ed, o Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, organizado pola Conseller\u00eda de Medio Rural hoxe e ma\u00f1\u00e1 no marco de Sedexpo, deu comezo ao programa de hoxe. A ela sum\u00e1ronse numerosas xornadas centradas en aspectos como o concepto espa\u00f1ol e a estratexia da seguridade nacional, o presente e futuro das polic\u00edas locais de Galicia, o programa Sirdee – sistema integral de radiocomunicaciones de emerxencia do estado, sistemas e soluci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n con 112, sistema de detecci\u00f3n e mitigaci\u00f3n System Drone Espa\u00f1a, protecci\u00f3n contra incendios, a formaci\u00f3n dos mandos dos servizos de emerxencias en canto a t\u00e9cnicos de bombeiros, intelixencia econ\u00f3mica p\u00fablica e privada, prioridades tecnol\u00f3xicas para a seguridade e resiliencia de infraestruturas cr\u00edticas e fontes de financiamento da I+d+i, a Polic\u00eda Municipal de Madrid en proxectos de investigaci\u00f3n europeos ou unha visi\u00f3n integrada da Civil Uavs Initiative, iniciativa estrat\u00e9xica liderada pola Xunta de Galicia que patrocina a feira e que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs).<\/p>\n Por outra banda, destacaron as numerosas demostraci\u00f3ns celebradas na feira, as cales permiten ver os produtos expostos en funcionamento, lev\u00e1ndose a cabo hoxe algunhas centradas en sistemas de extinci\u00f3n de incendios, equipos de excarceraci\u00f3n, drons de seguridade e salvamento ou un sistema que permite unha transmisi\u00f3n encriptada da informaci\u00f3n recollida por un dron a calquera parte do mundo v\u00eda LTE.<\/p>\n Tam\u00e9n se desenvolveron talleres como o de soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n externa semiautom\u00e1tica, presentaci\u00f3ns de proxectos e casos de \u00e9xito e tam\u00e9n reuni\u00f3ns de xuntas directivas.<\/p>\n Un completo programa ata o s\u00e1bado<\/strong><\/p>\n Sedexpo acoller\u00e1 ata o s\u00e1bado un amplo programa de conferencias, con m\u00e1is de 90 relatorios conducidos por preto de 130 expertos, o que supor\u00e1 o funcionamento de seis salas durante a feira. Tam\u00e9n continuar\u00e1n as demostraci\u00f3ns, simulacros, talleres e presentaci\u00f3ns, as cales ter\u00e1n lugar en distintos espazos do recinto tanto interiores como exteriores.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTE CERTAME, QUE FOI INAUGURADO POLA CONSELLEIRA DO MAR, ROSA QUINTANA, E O CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL, JOS\u00c9 GONZ\u00c1LEZ, CELEBRARASE ATA O S\u00c1BADO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA NA XORNADA DE HOXE PROGRAM\u00c1RONSE M\u00c1IS DE CORENTA CONFERENCIAS E NUMEROSAS DEMOSTRACI\u00d3NS, PRESENTACI\u00d3NS E TALLERES Silleda, 17 de novembro de 2022.- A I Feira Internacional … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2360,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-2362","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n