{"id":2369,"date":"2022-11-17T18:29:38","date_gmt":"2022-11-17T18:29:38","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/galicia-apuesta-por-la-incorporacion-de-las-nuevas-tecnologias-a-las-labores-de-control-y-estudio-del-medio-marino-y-terrestre\/"},"modified":"2022-11-17T18:32:00","modified_gmt":"2022-11-17T18:32:00","slug":"galicia-apuesta-por-la-incorporacion-de-las-nuevas-tecnologias-a-las-labores-de-control-y-estudio-del-medio-marino-y-terrestre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/galicia-apuesta-por-la-incorporacion-de-las-nuevas-tecnologias-a-las-labores-de-control-y-estudio-del-medio-marino-y-terrestre\/","title":{"rendered":"Galicia aposta pola incorporaci\u00f3n das novas tecnolox\u00edas aos labores de control e estudo do medio mari\u00f1o e terrestre"},"content":{"rendered":"
Pola s\u00faa banda, o conselleiro do Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, louvou o labor do Servizo de prevenci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios forestais de Galicia, un dispositivo co que -segundo dixo- a Xunta est\u00e1 plenamente comprometida para garantir a s\u00faa profesionalidade e eficacia, ao tempo que se considera prioritaria a s\u00faa seguridade e integridade. Neste senso, destacou o futuro Centro integral de loita contra o lume de To\u00e9n, un complexo permanente para a cooperaci\u00f3n, a investigaci\u00f3n e a formaci\u00f3n continua do que se poder\u00e1n beneficiar bombeiros forestais procedentes de toda Europa e no que se contar\u00e1 cos maiores especialistas no comportamento e an\u00e1lise dos incendios forestais.<\/p>\n
Po\u00f1endo en valor o bo facer dos expositores presentes en Sedexpo, tam\u00e9n quixo referirse ao I Congreso internacional de incendios forestais Interlumes, que se desenvolver\u00e1 entre hoxe e ma\u00f1\u00e1 no marco da feira. Un Congreso que -tal e como explicou- se celebra ao abeiro deste proxecto europeo que ten por obxectivo fundamental reforzar a capacidade operativa de resposta na extinci\u00f3n de incendios forestais na fronteira de Espa\u00f1a e Portugal. Nese senso, abordaranse cuesti\u00f3ns como a planificaci\u00f3n territorial de cara \u00e1 prevenci\u00f3n de grandes incendios forestais, os lumes en relaci\u00f3n coa xesti\u00f3n da paisaxe, experiencias e lecci\u00f3ns aprendidas tras os incendios de xullo no Courel e Valdeorras ou o balance da campa\u00f1a deste ver\u00e1n, do que dar\u00e1 conta o titular de Medio Rural.<\/p>\n
Nesta primeira xornada da iniciativa que ter\u00e1 lugar desde hoxe ata o s\u00e1bado na Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, tam\u00e9n\u00a0estiveron presentes o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral da Fundaci\u00f3n da Semana Verde, Ricardo Dur\u00e1n.<\/p>\n
Nunha superficie de 27.800 metros cadrados, Sedexpo acoller\u00e1 desde hoxe e ata o s\u00e1bado a \u00e1rea expositiva do certame e un completo programa con exhibici\u00f3ns, simulacros e xornadas de primeiro nivel para dar a co\u00f1ecer esta industria e os seus profesionais.<\/p>\n
A exposici\u00f3n reunir\u00e1 case un cento de expositores directos que, unidos aos representados por eles, ascenden a 284 firmas de 26 pa\u00edses. Neste espazo amosaranse as \u00faltimas novidades en equipamento e sistemas de seguridade para as forzas e corpos de seguridade e os servizos de emerxencia, equipos de protecci\u00f3n, tecnolox\u00eda aplicada, ferramentas de ciberseguridade, xunto con dispositivos de detecci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, simuladores ou servizos de consultor\u00eda e enxe\u00f1er\u00eda. A Polic\u00eda Auton\u00f3mica participar\u00e1 con expositor propio e tam\u00e9n nun simulacro no lago do recinto sobre unha busca subacu\u00e1tica con buzos e un dron submari\u00f1o.<\/p>\n
Tam\u00e9n se levar\u00e1n a cabo m\u00e1is de 90 conferencias en 6 salas funcionando ao mesmo tempo na feira nas que se abordar\u00e1n temas tan relevantes como a ciberseguridade, a transformaci\u00f3n dixital nos organismos de seguridade e emerxencias, a Civil UAVs Initiative liderada pola Xunta de Galicia, as actuaci\u00f3ns das polic\u00edas locais de Galicia ou soluci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n co Centro Integrado de Atenci\u00f3n \u00e1s Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.<\/p>\n
A programaci\u00f3n de Sedexpo completarase con talleres e presentaci\u00f3ns como a da plataforma intelixente de supervisi\u00f3n de emerxencias para a frota pesqueira galega e tam\u00e9n simulacros e demostraci\u00f3ns relacionados coa extinci\u00f3n de incendios, rescates, excarceraci\u00f3ns e o uso de drons en situaci\u00f3n de seguridade e emerxencia.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Rosa Quintana destaca que dispositivos como os drons constit\u00faen unha soluci\u00f3n para optimizar o salvamento mar\u00edtimo, a loita contra a contaminaci\u00f3n mari\u00f1a accidental e o furtivismo e a preservaci\u00f3n dos ecosistemas fluviais e costeiros Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez pon en valor a importancia do I Congreso internacional de incendios forestais Interlumes, que se desenvolve no marco da … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2367,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-2369","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n