{"id":3105,"date":"2023-11-21T17:17:20","date_gmt":"2023-11-21T17:17:20","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/sedexpo-2023-prepara-del-28-al-30-de-noviembre-una-cita-muy-dinamica-en-la-que-seguridad-defensa-y-emergencias-mostraran-sus-novedades\/"},"modified":"2023-11-21T17:19:20","modified_gmt":"2023-11-21T17:19:20","slug":"sedexpo-2023-prepara-del-28-al-30-de-noviembre-una-cita-muy-dinamica-en-la-que-seguridad-defensa-y-emergencias-mostraran-sus-novedades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/sedexpo-2023-prepara-del-28-al-30-de-noviembre-una-cita-muy-dinamica-en-la-que-seguridad-defensa-y-emergencias-mostraran-sus-novedades\/","title":{"rendered":"Sedexpo 2023 prepara do 28 ao 30 de novembro unha cita moi din\u00e1mica na que seguridade, defensa e emerxencias amosar\u00e1n as s\u00faas novidades"},"content":{"rendered":"
Silleda, 21 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, ultima xa a s\u00faa segunda edici\u00f3n, a cal ter\u00e1 lugar do 28 ao 30 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.<\/p>\n SEDEXPO 2023 volver\u00e1 conformar un punto de encontro no que organismos p\u00fablicos, instituci\u00f3ns, empresas e profesionais destes \u00e1mbitos vitais para a sociedade poder\u00e1n explorar oportunidades de colaboraci\u00f3n, intercambiar experiencias e po\u00f1er en valor a innovaci\u00f3n.<\/p>\n A s\u00faa \u00e1rea expositiva contar\u00e1 con empresas e entidades que mostrar\u00e1n interesantes novidades e iniciativas. Expo\u00f1erase equipamento e sistemas de seguridade p\u00fablica e privada, material para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protecci\u00f3n Civil e Emerxencias; equipos de protecci\u00f3n individual, tecnolox\u00eda aplicada, ferramentas de ciberseguridade, an\u00e1lise e intelixencia; soluci\u00f3ns de prevenci\u00f3n de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detecci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, rob\u00f3tica, aeron\u00e1utica, simulaci\u00f3n e servizos de consultor\u00eda e enxe\u00f1er\u00eda, entre outros.<\/p>\n En canto ao seu programa de actividades, destacar\u00e1 de novo polo seu gran atractivo. As s\u00faas conferencias e talleres ter\u00e1n gran interese para a transferencia de co\u00f1ecementos, mentres as s\u00faas exhibici\u00f3ns e simulacros permitir\u00e1n ao visitante tanto comprobar in situ<\/em> o as funcionalidades de produtos e servizos como sorprenderse coas capacidades de distintos corpos de emerxencias e de seguridade do Estado.<\/p>\n Para todo iso, unha vintena de entidades, departamentos da Xunta de Galicia e da Administraci\u00f3n Central e colectivos vinculados cos sectores implicados volven apoiar esta cita desde o seu comit\u00e9 organizador e como colaboradores.<\/p>\n Ademais, SEDEXPO conta novamente co patrocinio da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estrat\u00e9xica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs) para mellorar a prestaci\u00f3n dos servizos p\u00fablicos e crear un polo de innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica neste segmento do sector aeroespacial.<\/p>\n Unha feira \u00fanica polo seu dinamismo<\/strong><\/p>\n A posibilidade de mostrar e ver en funcionamento e a trav\u00e9s de demostraci\u00f3ns aquilo que noutras feiras se exp\u00f3n dunha forma moito m\u00e1is est\u00e1tica, \u00e9 xa un sinal de identidade de SEDEXPO desde a s\u00faa pasada edici\u00f3n e un dos seus principais aspectos diferenciadores.<\/p>\n Unha condici\u00f3n que converte a este certame en \u00fanico, e que \u00e9 grazas \u00e1 s\u00faa celebraci\u00f3n na Feira Internacional de Galicia ABANCA, un recinto con 400.000 metros cadrados de superficie con gran versatilidade debido aos seus m\u00faltiples pavill\u00f3ns, os 55.000 metros cadrados de espazos exteriores destinados a exposici\u00f3n ou actividades, o lago artificial ou o ring con bancadas cubertas.<\/em><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTA SEGUNDA EDICI\u00d3N DO CERTAME, QUE TER\u00c1 LUGAR NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, CONXUGAR\u00c1 UNHA ATRACTIVA \u00c1REA EXPOSITIVA CUN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES CON EXHIBICI\u00d3NS, SIMULACROS, TALLERES E XORNADAS T\u00c9CNICAS Silleda, 21 de novembro de 2023.- A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, ultima xa a s\u00faa segunda edici\u00f3n, a cal … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2678,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3105","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n