{"id":3130,"date":"2023-11-22T10:31:04","date_gmt":"2023-11-22T10:31:04","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/la-gestion-de-emergencias-sus-profesionales-y-sus-novedades-tendran-un-papel-protagonista-en-el-programa-de-actividades-de-sedexpo-2023\/"},"modified":"2023-11-22T10:32:19","modified_gmt":"2023-11-22T10:32:19","slug":"la-gestion-de-emergencias-sus-profesionales-y-sus-novedades-tendran-un-papel-protagonista-en-el-programa-de-actividades-de-sedexpo-2023","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/la-gestion-de-emergencias-sus-profesionales-y-sus-novedades-tendran-un-papel-protagonista-en-el-programa-de-actividades-de-sedexpo-2023\/","title":{"rendered":"A xesti\u00f3n de emerxencias, os seus profesionais e as s\u00faas novidades ter\u00e1n un papel protagonista no programa de actividades de Sedexpo 2023"},"content":{"rendered":"
Silleda, 22 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, que se celebrar\u00e1 do 28 ao 30 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), abordar\u00e1n as emerxencias desde distintos \u00e1mbitos. As\u00ed, \u00e1 s\u00faa \u00e1rea expositiva, na que est\u00e1n presentes empresas l\u00edderes e distintas entidades, sumarase un gran n\u00famero de actividades deste sector.<\/p>\n Estas programaranse ao longo dos tres d\u00edas do certame, o cal conta co patrocinio da Civil Uavs Initiative, iniciativa estrat\u00e9xica liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs).<\/p>\n Protecci\u00f3n Civil destacar\u00e1 no programa de Sedexpo 2023, centrando interesantes xornadas organizadas pola Xunta de Galicia, con t\u00edtulos como \u201cProtecci\u00f3n Civil e Emerxencias\u201d, \u201cXesti\u00f3n de Inundaci\u00f3ns e de Incendios 6.0\u201d, \u201cMeteorolox\u00eda e cambio clim\u00e1tico\u201d ou \u201cXesti\u00f3n de emerxencias\u201d, ademais de realizar un simulacro centrado na procura de persoas desaparecidas. Un programa cuxo obxectivo \u00e9 destacar as capacidades de Protecci\u00f3n Civil, dar valor ao seu importante labor na sociedade e tam\u00e9n reco\u00f1ecer o papel dos voluntarios.<\/p>\n Ademais, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), cunha notable presenza expositiva, levar\u00e1 a cabo outras actividades, como exhibici\u00f3ns de drons xunto coa empresa Aeromedia.<\/p>\n Por outra banda, a Asociaci\u00f3n Profesional de T\u00e9cnicos de Bombeiros (APTB) celebrar\u00e1 varias conferencias nas que se tratar\u00e1n temas como os bulos<\/em> en emerxencias ou a comunicaci\u00f3n do mando de emerxencias, Ademais, o director de APTB presentar\u00e1 un estudo sobre v\u00edtimas de incendios, mentres que Juan Mari\u00f1o, sarxento do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra far\u00e1 o propio co seu libro \u201cLiderado en chamas\u201d. Tam\u00e9n realizar\u00e1n unha mesa redonda sobre como funciona un consorcio de bombeiros e un taller de xesti\u00f3n operativa, ademais de celebrarse as xuntas directivas de APTB Espa\u00f1a e Galicia e a asemblea de socios desta \u00faltima.<\/p>\n Sumaranse outras propostas como un taller sobre soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n externa semiautom\u00e1tica, da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Urxencias Sanitarias de Galicia \u2013 061; unha demostraci\u00f3n de posto avanzado de mando e outra dun veh\u00edculo submarino el\u00e9ctrico para rescate na auga, a presentaci\u00f3n dunha plataforma de xesti\u00f3n de operaci\u00f3ns con drons ou unha xornada sobre \u201cstrategic foresight para a seguridade, defensa e emerxencias\u201d, organizada por Giasp, consultora que implementa esta metodolox\u00eda de anticipaci\u00f3n empresarial e econ\u00f3mica que est\u00e1 a permitir a empresas liderar o seu sector.<\/p>\n Destacar\u00e1 tam\u00e9n o taller \u201cSimulador 3D: conduci\u00f3n de ambulancia en realidade virtual\u201d, organizado polo CIFP A Carballeira – Marcos Valc\u00e1rcel, o cal se trata dun proxecto centrado nas emerxencias sanitarias co que se pode adestrar esta habilidade en diferentes circunstancias e contornas aplicando protocolos reais.<\/p>\n II Congreso Interlumes<\/strong><\/p>\n Enmarcado novamente na feira e organizado pola Conseller\u00eda do Medio Rural da Xunta de Galicia, ter\u00e1 lugar ademais o Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, que nesta segunda edici\u00f3n albergar\u00e1 de novo interesantes conferencias e mesas redondas con presenza de reco\u00f1ecidos expertos en lumes forestais.<\/p>\n Ademais, nesta ocasi\u00f3n contar\u00e1 cun simulacro de extinci\u00f3n con ataque combinado de medios a\u00e9reos e terrestres para defender unha vivenda illada e manobras de autoprotecci\u00f3n, organizado pola Direcci\u00f3n Xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" XORNADAS E DEMOSTRACI\u00d3NS DE PROTECCI\u00d3N CIVIL, MESAS REDONDAS DA ASOCIACI\u00d3N PROFESIONAL DE T\u00c9CNICOS DE BOMBEIROS, UN SIMULADOR 3D DE CONDUCI\u00d3N DE AMBULANCIA EN REALIDADE VIRTUAL, O II CONGRESO INTERLUMES OU UNHA EXHIBICI\u00d3N DE RESCATE NA AGUA CON VEH\u00cdCULO SUBMARINO EL\u00c9CTICO SER\u00c1N ALGUNHAS DAS PROPOSTAS A FEIRA, QUE TAM\u00c9N SE CENTRAR\u00c1 NOS SECTORES DE SEGURIDADE E … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3128,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3130","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n