{"id":3163,"date":"2023-11-23T10:47:33","date_gmt":"2023-11-23T10:47:33","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/el-presente-y-futuro-de-los-drones-en-los-ambitos-de-seguridad-y-emergencias-estara-en-la-feria-sedexpo-2023\/"},"modified":"2023-11-23T10:48:40","modified_gmt":"2023-11-23T10:48:40","slug":"el-presente-y-futuro-de-los-drones-en-los-ambitos-de-seguridad-y-emergencias-estara-en-la-feria-sedexpo-2023","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/el-presente-y-futuro-de-los-drones-en-los-ambitos-de-seguridad-y-emergencias-estara-en-la-feria-sedexpo-2023\/","title":{"rendered":"O presente e futuro dos drons nos \u00e1mbitos de seguridade e emerxencias estar\u00e1 na feira Sedexpo 2023"},"content":{"rendered":"
Silleda, 23 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, a cal ter\u00e1 lugar do 28 ao 30 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, mostrar\u00e1 aos visitantes o presente e o futuro no sector dos drons.<\/p>\n Ademais de contar con empresas l\u00edderes neste \u00e1mbito na s\u00faa \u00e1rea expositiva, estes veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVS), protagonizar\u00e1n numerosas actividades.<\/p>\n En canto a xornadas t\u00e9cnicas, destacar\u00e1 a da Civil UAVs Initiative, iniciativa estrat\u00e9xica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia cuxo obxectivo \u00e9 atraer investimentos no sector aeroespacial e desenvolver soluci\u00f3ns innovadoras no \u00e1mbito da industria de sistemas e veh\u00edculos non tripulados, a cal ademais patrocina a feira.\u00a0 Incluir\u00e1 d\u00faas interesantes mesas redondas.<\/p>\n A primeira delas centrarase no desenvolvemento e adquisici\u00f3n dunha soluci\u00f3n innovadora para a localizaci\u00f3n de persoas extraviadas por medio de UAVs, coa participaci\u00f3n por parte da Axencia Galega de Innovaci\u00f3n (GAIN), de Emilio Astray, director da \u00e1rea de Coordinaci\u00f3n do Polo Aeroespacial de Rozas; por parte da UTE Aeromedia-Indra-ITG, de C\u00e9sar Ortega, director Forestal e Emerxencias de Aeromedia e por parte da entidade usuaria Marcos Ara\u00fajo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA). A segunda titularase \u201cSoluci\u00f3ns da Business Factory Aero (BFAero) na \u00e1rea das emerxencias: Beagle e Acre\u201d, sendo intervenientes, por parte de GAIN, de novo Emilio Astray, por parte de Beagle Labs o seu CEO, Miguel Barreiro, e por parte de ACRE – \u00c1rea de Control Restrinxida de Emerxencias, tam\u00e9n o seu CEO, Rub\u00e9n Gil.<\/p>\n Analizarase tam\u00e9n o futuro do sector das aeronaves non tripuladas nunha conferencia das empresas Aeromedia e Net2fly. Esta \u00faltima tam\u00e9n realizar\u00e1 unha presentaci\u00f3n sobre como xestionar grandes volumes de operaci\u00f3ns con drons.<\/p>\n Ademais, os drons estar\u00e1n presentes en numerosos relatorios doutras xornadas sobre seguridade, emerxencias e extinci\u00f3n de incendios e tam\u00e9n no marco do II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes.<\/p>\n Procura de persoas desaparecidas<\/strong><\/p>\n Por outra banda, o certame acoller\u00e1 interesantes demostraci\u00f3ns con veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados, as cales ter\u00e1n como protagonistas novos modelos de distintas empresas presentes na feira.<\/p>\n Ademais, realizaranse exhibici\u00f3ns, como a realizada pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e Aeromedia, centrada na procura de persoas desaparecidas con drons e tam\u00e9n exercicios-simulacro, como o que levar\u00e1 a cabo a Xunta de Galicia con Protecci\u00f3n Civil, enfocada nas futuras capacidades da Unidade Operativa de Drons da AXEGA na procura de persoas desaparecidas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" A ZONA EXPOSITIVA DO CERTAME CONTAR\u00c1 CON EMPRESAS L\u00cdDERES NESTE SECTOR, AS CALES PRESENTAR\u00c1N INTERESANTES INNOVACI\u00d3NS ENTRE O 28 E O 30 DE NOVEMBRO ADEMAIS, REALIZARANSE XORNADAS CENTRADAS NESTES VEH\u00cdCULOS A\u00c9REOS NON TRIPULADOS (UAVS) E LEVARANASE A CABO DEMOSTRACI\u00d3NS NAS QUE SER\u00c1N PROTAGONISTAS Silleda, 23 de novembro de 2023.- A II Feira Internacional de Seguridade, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3161,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3163","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n