{"id":3185,"date":"2023-11-26T10:02:42","date_gmt":"2023-11-26T10:02:42","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/espectaculares-simulacros-y-demostraciones-con-helicopteros-drones-o-vehiculos-acuaticos-electricos-en-sedexpo-2023\/"},"modified":"2023-11-26T10:04:01","modified_gmt":"2023-11-26T10:04:01","slug":"espectaculares-simulacros-y-demostraciones-con-helicopteros-drones-o-vehiculos-acuaticos-electricos-en-sedexpo-2023","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/espectaculares-simulacros-y-demostraciones-con-helicopteros-drones-o-vehiculos-acuaticos-electricos-en-sedexpo-2023\/","title":{"rendered":"Espectaculares simulacros e demostraci\u00f3ns con helic\u00f3pteros, drons ou veh\u00edculos acu\u00e1ticos el\u00e9ctricos, en Sedexpo 2023"},"content":{"rendered":"
Silleda, 26 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, a cal ter\u00e1 lugar do 28 ao 30 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, caracterizarase unha vez m\u00e1is polo seu gran dinamismo.<\/p>\n As\u00ed, na feira, que conta co patrocinio da Civil Uavs Initiative, iniciativa estrat\u00e9xica liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs), destacar\u00e1n as demostraci\u00f3ns de produtos e sistemas, coas que se poder\u00e1n comprobar in situ<\/em> as s\u00faas funcionalidades, e tam\u00e9n os simulacros, que permitir\u00e1n co\u00f1ecer as capacidades e labor de distintas entidades de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.<\/p>\n Entre as primeiras destacar\u00e1n as manobras de rescate na auga dun veh\u00edculo acu\u00e1tico el\u00e9ctrico, que ter\u00e1 lugar no lago do recinto, con supostos de procura inmediata de persoa desaparecida na agua, v\u00edtima activa e pasiva e persoa con dificultade na auga, ademais de maniobrabilidade en superficie e subacu\u00e1tica. Sumaranse as demostraci\u00f3ns dun posto de mando avanzado para coordinar eficazmente os servizos p\u00fablicos, privados e sanitarios en eventos, as funcionalidades de distintos drons ou as da aplicaci\u00f3n Alertcops, a cal facilita a comunicaci\u00f3n dos cidad\u00e1ns coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para alertar sobre unha situaci\u00f3n delituosa da que se \u00e9 v\u00edtima ou testemu\u00f1a.<\/p>\n Os simulacros ser\u00e1n espectaculares, como os realizados polo helic\u00f3ptero Pesca 1 do servizo de Gardacostas de Galicia, consistente na recollida dun ferido en terra para o seu traslado ao hospital, e o protagonizado pola Garda Civil, consistente na intervenci\u00f3n ante un secuestro con arma branca e no que participar\u00e1n distintos medios, entre eles un helic\u00f3ptero. Tam\u00e9n o ser\u00e1n o que recrear\u00e1 a extinci\u00f3n dun incendio con ataque combinado de medios a\u00e9reos e terrestres para a defensa dunha vivenda illada e manobras de autoprotecci\u00f3n, organizado pola Xunta de Galicia, e o exercicio sobre futuras capacidades da unidade operativa de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) na procura de persoas desaparecidas.<\/p>\n Simuladores e experiencias<\/strong><\/p>\n O car\u00e1cter din\u00e1mico de Sedexpo tam\u00e9n quedar\u00e1 patente noutras propostas, como os simuladores presentes na feira. Entre eles destacar\u00e1 o simulador 3D de conduci\u00f3n de ambulancias en realidade virtual, presentado polo CIFP A Carballeira-Marcos Valc\u00e1rcel e ga\u00f1ador do premio Proxecto de Innovaci\u00f3n na FP 2022. Os asistentes poder\u00e1n probar esta ferramenta de realidade virtual dese\u00f1ada para o adestramento na conduci\u00f3n de ambulancia en situaci\u00f3ns de emerxencia. Ademais, haber\u00e1 un simulador de tiro e combate e pr\u00e1cticas extremas en alto estr\u00e9s en tiro simulado, pensado para que as forzas da orde, as forzas especiais e a seguridade consigan un mellor adestramento con escenarios din\u00e1micos baseados en intelixencia artificial e instruci\u00f3n t\u00e1ctica.<\/p>\n Por outra banda, far\u00e1 parada na feira o Roadshow do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE). Tr\u00e1tase dunha experiencia orientada a ofrecer capacitaci\u00f3n a todos os cidad\u00e1ns en material de ciberseguridade a trav\u00e9s de diversas actividades e espazos, como unha zona de gamificaci\u00f3n, charlas, talleres, un scape room ou unha \u00e1rea de xogos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" RESCATES NA AGUA, RECOLLIDA DE FERIDOS PARA O SEU TRASLADO AO HOSPITAL, INTERVENCI\u00d3N ANTE UN SECUESTRO CON ARMA BRANCA OU A EXTINCI\u00d3N DUN INCENDIO PARA A DEFENSA DUNHA VIVENDA ILLADA, SER\u00c1N ALGUNHAS DAS SITUACI\u00d3NS QUE SE RECREAR\u00c1N O CERTAME CARACTER\u00cdZASE UNHA VEZ M\u00c1IS POLO SEU CAR\u00c1CTER DIN\u00c1MICO, O CAL PERMITE COMPROBAR O FUNCIONAMENTO DE PRODUTOS … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2585,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3185","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n