{"id":3192,"date":"2023-11-27T11:52:33","date_gmt":"2023-11-27T11:52:33","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-2023-comienza-manana-con-209-firmas-de-24-paises-y-un-programa-con-gran-espectacularidad\/"},"modified":"2023-11-27T11:54:14","modified_gmt":"2023-11-27T11:54:14","slug":"la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-2023-comienza-manana-con-209-firmas-de-24-paises-y-un-programa-con-gran-espectacularidad","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-2023-comienza-manana-con-209-firmas-de-24-paises-y-un-programa-con-gran-espectacularidad\/","title":{"rendered":"A feira de seguridade, defensa e emerxencias SEDEXPO 2023 comeza ma\u00f1\u00e1 con 209 firmas de 24 pa\u00edses e un programa con gran espectacularidade"},"content":{"rendered":"
Silleda, 27 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, abre ma\u00f1\u00e1 as s\u00faas portas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. E faino volvendo marcar a diferenza polo car\u00e1cter din\u00e1mico da s\u00faa exposici\u00f3n e o alto nivel do seu programa de actividades.<\/p>\n En canto \u00e1 s\u00faa \u00e1rea expositiva, contar\u00e1 con 209 firmas expositoras de 24 pa\u00edses, das cales 83 son expositores directos de dez pa\u00edses, Alema\u00f1a, Espa\u00f1a, Francia, Israel, Italia, Letonia, M\u00e9xico, Pa\u00edses Baixos, Paquist\u00e1n e Portugal, e ocupar\u00e1n unha superficie de 3.616 metros cadrados netos, os cales sumados aos destinados a actividades ser\u00e1n m\u00e1is de 28.000 brutos. Unhas cifras que supo\u00f1en que os expositores directos ocupen un 5,4% m\u00e1is de espazo e procedan dun 42% m\u00e1is de pa\u00edses que na anterior edici\u00f3n, sendo ademais o n\u00famero de empresas estranxeiras presentes un 29% m\u00e1is.<\/p>\n Esta exposici\u00f3n, na que contar\u00e1n con maior desenvolvemento os \u00e1mbitos de seguridade e emerxencias, mostrar\u00e1 equipamento e sistemas de seguridade p\u00fablica e privada, material para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protecci\u00f3n Civil e Emerxencias; equipos de protecci\u00f3n individual, tecnolox\u00eda aplicada, ferramentas de ciberseguridade, an\u00e1lise e intelixencia; soluci\u00f3ns de prevenci\u00f3n de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detecci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, rob\u00f3tica, aeron\u00e1utica, simulaci\u00f3n e servizos de consultor\u00eda e enxe\u00f1er\u00eda, entre outros.<\/p>\n Dende o seu comit\u00e9 organizador e como colaboradores, apoian o certame unha vintena de entidades, colectivos e departamentos da Xunta de Galicia e da Administraci\u00f3n Central. Ademais, conta co patrocinio da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estrat\u00e9xica liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs).<\/p>\n Estas entidades, ademais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e numerosas empresas, organizar\u00e1n un programa con multitude de propostas.<\/p>\n De atractivas conferencias a asombrosos simulacros<\/strong><\/p>\n En canto ao programa de actividades de Sedexpo 2023 destacar\u00e1 tanto pola categor\u00eda das s\u00faas xornadas t\u00e9cnicas como polas s\u00faas magn\u00edficas demostraci\u00f3ns e simulacros. As exhibici\u00f3ns supor\u00e1n comprobar in situ<\/em> as funcionalidades de produtos e sistemas que noutras feiras soamente poden verse de forma est\u00e1tica, mentres que os simulacros permitir\u00e1n co\u00f1ecer as capacidades e labor de distintas entidades de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.<\/p>\n Ser\u00e1n m\u00e1is de 50 as conferencias da feira, enmarcadas nunha vintena de xornadas t\u00e9cnicas e no II Congreso Internacional de Incendios Forestais de Galicia Interlumes, organizado pola Conseller\u00eda do Medio Rural. Ademais da participaci\u00f3n de reco\u00f1ecidos expertos dos \u00e1mbitos da seguridade, defensa e emerxencias, destacar\u00e1 o interese dos temas abordados, entre eles soluci\u00f3ns innovadoras para a localizaci\u00f3n de persoas extraviadas por medio de veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados, o presente e futuro tanto da seguridade privada como dos drons, a protecci\u00f3n executiva p\u00fablico-privada, programas europeos de I+D+i en seguridade e emerxencias, mitos dos tiroteos, protecci\u00f3n civil en emerxencias, incendios forestais de sexta xeraci\u00f3n, seguridade en espazo p\u00fablicos ameazados polo terrorismo, desaf\u00edos e soluci\u00f3ns en seguridade, os bulos en emerxencias ou a evoluci\u00f3n dunha f\u00e1brica de electr\u00f3nica industrial \u00e1 excelencia necesaria do sector defensa.<\/p>\n Sumaranse talleres como os de soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n externa semiautom\u00e1tica, presentaci\u00f3ns como a centrada en sistemas para xestionar grandes volumes de operaci\u00f3ns con drons, asembleas e encontros.<\/p>\n Por outra banda, destacar\u00e1n as numerosas demostraci\u00f3ns que permitir\u00e1 ver os produtos expostos en funcionamento, como un rescate na auga con veh\u00edculo acu\u00e1tico el\u00e9ctrico, un posto de mando avanzado para coordinar os servizos p\u00fablicos, privados e sanitarios en eventos, as de distintos drons ou a aplicaci\u00f3n Alertcops. Tam\u00e9n haber\u00e1 simuladores, como o simulador 3D de conduci\u00f3n de ambulancias en realidade virtual ou un de pr\u00e1cticas extremas en alto estr\u00e9s en tiro simulado, pensado para que as forzas da orde, as forzas especiais e a seguridade consigan un mellor adestramento con escenarios din\u00e1micos baseados en intelixencia artificial e instruci\u00f3n t\u00e1ctica. Ademais, far\u00e1 parada na feira o Roadshow do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), unha experiencia orientada a ofrecer capacitaci\u00f3n a todos os cidad\u00e1ns en material de ciberseguridade a trav\u00e9s de diversas actividades e espazos, como unha zona de gamificaci\u00f3n, charlas, talleres, un scape room ou unha \u00e1rea de xogos.<\/p>\n Os simulacros ser\u00e1n espectaculares, como os realizados polo helic\u00f3ptero Pesca 1 do servizo de Gardacostas de Galicia, consistente na recollida dun ferido en terra para o seu traslado ao hospital, e o protagonizado pola Garda Civil, que simular\u00e1 a intervenci\u00f3n ante un secuestro con arma branca e no que participar\u00e1n distintos medios, entre eles un helic\u00f3ptero. Tam\u00e9n o ser\u00e1n o que recrear\u00e1 a extinci\u00f3n dun incendio con ataque combinado de medios a\u00e9reos e terrestres para a defensa dunha vivenda illada e manobras de autoprotecci\u00f3n, organizado pola Xunta de Galicia, e o exercicio sobre futuras capacidades da unidade operativa de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) na procura de persoas desaparecidas<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" O CERTAME CELEBRARASE ATA O XOVES NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ENTIDADES E DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA E A ADMINISTRACI\u00d3N CENTRAL, AS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E DISTINTAS EMPRESAS ORGANIZAR\u00c1N CONFERENCIAS, TALLERES, PRESENTACI\u00d3NS, EXHIBICI\u00d3NS E ESPECTACULARES SIMULACROS Silleda, 27 de novembro de 2023.- A II Feira Internacional de Seguridade, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3190,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3192","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n