{"id":3224,"date":"2023-11-28T18:37:27","date_gmt":"2023-11-28T18:37:27","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/sedexpo-2023-arranca-con-gran-dinamismo-en-su-exposicion-y-programa-para-mostrar-lo-ultimo-en-seguridad-defensa-y-emergencias\/"},"modified":"2023-11-28T18:39:38","modified_gmt":"2023-11-28T18:39:38","slug":"sedexpo-2023-arranca-con-gran-dinamismo-en-su-exposicion-y-programa-para-mostrar-lo-ultimo-en-seguridad-defensa-y-emergencias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/sedexpo-2023-arranca-con-gran-dinamismo-en-su-exposicion-y-programa-para-mostrar-lo-ultimo-en-seguridad-defensa-y-emergencias\/","title":{"rendered":"SEDEXPO 2023 arranca con gran dinamismo na s\u00faa exposici\u00f3n e programa para mostrar o \u00faltimo en seguridade, defensa e emerxencias"},"content":{"rendered":"
Silleda, 28 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, abriu esta ma\u00f1\u00e1 as s\u00faas portas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. E nesta primeira xornada xa volveu marcar a diferenza polo seu car\u00e1cter din\u00e1mico e o alto nivel das s\u00faas actividades.<\/p>\n Inaugurada este mediod\u00eda polo conselleiro do Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, quen estivo acompa\u00f1ado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e doutras autoridades, a feira mostra as \u00faltimas innovaci\u00f3ns de 209 firmas de 24 pa\u00edses, das cales 83 son expositores directos de dez pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Espa\u00f1a, Francia, Israel, Italia, Letonia, M\u00e9xico, Pa\u00edses Baixos, Paquist\u00e1n e Portugal.<\/p>\n Ademais, o seu programa de actividades acolle multitude de propostas, xa en marcha dende primeira hora, sumando preto dunha vintena de conferencias e numerosos talleres, demostraci\u00f3ns e simulacros.<\/p>\n As\u00ed, o II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, organizado pola Conseller\u00eda do Medio Rural desde hoxe ata o xoves no marco de Sedexpo, deu comezo ao programa, sendo inaugurado polo director xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia, Manuel Rodr\u00edguez, quen falou sobre o \u201cProxecto Interlumes: loita contra incendios forestais na fronteira hispano-lusa\u201d<\/p>\n Ao Congreso f\u00f3ronse sumando numerosas xornadas centradas en aspectos de gran interese, como a protecci\u00f3n executiva p\u00fablico-privada, con notables participantes, como o coronel do Estado Maior Fupro Armada, Samuel Morales; o presidente da Asociaci\u00f3n de Escoltas de Espa\u00f1a, Vicente de la Cruz; o oficial de Polic\u00eda Jos\u00e9 Luis Olazabal Ibars; e o especialista en protecci\u00f3n executiva Ivan Ivanovich. Tam\u00e9n se falou de como xestionar grandes volumes de operaci\u00f3ns con drons, desaf\u00edos e soluci\u00f3ns en ciberseguridade por parte da Garda Civil, de Protecci\u00f3n Civil e emerxencias por parte da Xunta de Galicia, de mitos e lendas dos tiroteos ou como funciona un servizo provincial de bombeiros, por parte da Asociaci\u00f3n Profesional de T\u00e9cnicos de Bombeiros (APTB).<\/p>\n Ademais, celebr\u00e1ronse talleres, como o de soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n externa semiautom\u00e1tica, organizados pola Fundaci\u00f3n P\u00fablica Urxencias Sanitarias de Galicia -061, e o de xesti\u00f3n operativa e mando (GOM), da APTB. Esta asociaci\u00f3n na comunidade, APTB Galicia, realizou ademais tanto a s\u00faa asemblea como unha reuni\u00f3n da s\u00faa xunta directiva.<\/p>\n Simulacros e demostraci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n As demostraci\u00f3ns e simuladores volven ser sinal de identidade desta segunda edici\u00f3n de Sedexpo, a cal est\u00e1 patrocinada pola Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estrat\u00e9xica liderada pola\u00a0 Xunta de Galicia<\/a>\u00a0que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs).<\/p>\n As\u00ed, ao longo de d\u00eda celebr\u00e1ronse exhibici\u00f3ns dun veh\u00edculo acu\u00e1tico el\u00e9ctrico no lago do recinto con supostos de procura inmediata de persoa desaparecida na auga, v\u00edtima activa e pasiva e persoa con dificultade na auga, ademais de maniobrabilidade en superficie e subacu\u00e1tica. Sum\u00e1ronse demostraci\u00f3ns dun posto de mando avanzado para coordinar eficazmente os servizos p\u00fablicos, privados e sanitarios en eventos, as funcionalidades de distintos drons ou as da aplicaci\u00f3n Alertcops, a cal facilita a comunicaci\u00f3n dos cidad\u00e1ns coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para alertar sobre unha situaci\u00f3n delituosa da que se \u00e9 v\u00edtima ou testemu\u00f1a.<\/p>\n Ademais, recreouse a extinci\u00f3n dun incendio con ataque combinado de medios a\u00e9reos e terrestres para a defensa dunha vivenda illada e manobras de autoprotecci\u00f3n, organizado pola Xunta de Galicia.<\/p>\n Este car\u00e1cter din\u00e1mico de Sedexpo estendeuse tam\u00e9n hoxe a outras actividades, como as protagonizadas polo simulador 3D de conduci\u00f3n de ambulancias en realidade virtual, presentado polo CIFP A Carballeira-Marcos Valc\u00e1rcel e ga\u00f1ador do premio Proxecto de Innovaci\u00f3n na FP 2022 que os asistentes puideron probar, ou un simulador de tiro e combate e pr\u00e1cticas extremas en alto estr\u00e9s en tiro simulado, pensado para que as forzas da orde, as forzas especiais e a seguridade consigan un mellor adestramento con escenarios din\u00e1micos baseados en intelixencia artificial e instruci\u00f3n t\u00e1ctica<\/p>\n –>>> + FOTOS SEDEXPO 2023<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" NA XORNADA DE HOXE CELEBR\u00c1RONSE PRETO DUNHA VEINTENA DE CONFERENCIAS E NUMEROSOS TALLERES, DEMOSTRACI\u00d3NS, ACTIVIDADES CON SIMULADORES E ESPECTACULARES SIMULACROS, DE RESCATE NA AGUA CUN VEH\u00cdCULO AC\u00daATICO EL\u00c9CTRICO E DE EXTINCI\u00d3N DUN INCENDIOS CON MEDIOS TERRESTRES E A\u00c9REOS O CERTAME, QUE FOI INAUGURADO ESTE MEDIOD\u00cdA POLO CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL, JOSE GONZ\u00c1LEZ, CEL\u00c9BRASE ATA O … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3221,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3224","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n