{"id":3229,"date":"2023-11-28T18:57:22","date_gmt":"2023-11-28T18:57:22","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/la-xunta-destaca-en-el-marco-de-sedexpo-la-importancia-de-la-colaboracion-y-la-prevencion-en-materia-de-seguridad-defensa-y-emergencias\/"},"modified":"2023-11-28T19:01:20","modified_gmt":"2023-11-28T19:01:20","slug":"la-xunta-destaca-en-el-marco-de-sedexpo-la-importancia-de-la-colaboracion-y-la-prevencion-en-materia-de-seguridad-defensa-y-emergencias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/la-xunta-destaca-en-el-marco-de-sedexpo-la-importancia-de-la-colaboracion-y-la-prevencion-en-materia-de-seguridad-defensa-y-emergencias\/","title":{"rendered":"A Xunta destaca no marco de Sedexpo a importancia da colaboraci\u00f3n e a prevenci\u00f3n en materia de seguridade, defensa e emerxencias"},"content":{"rendered":"
Silleda (Pontevedra), 28 de novembro de 2023.\u00a0<\/b><\/span> <\/b>O conselleiro do Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, definiu hoxe a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo) como un \u201cproxecto en conxunto\u201d e un \u201cespazo de colaboraci\u00f3n\u201d, facendo fincap\u00e9 en que estes \u00e1mbitos constit\u00faen \u201cunha loita de todos\u201d. Ademais, remarcou que a trav\u00e9s desta feira se asume a \u201cresponsabilidade compartida de facernos m\u00e1is resistentes e resilientes ante as incertezas e os retos do futuro\u201d.<\/p>\n Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez participou, xunto co conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, na inauguraci\u00f3n deste certame, que se celebrar\u00e1 no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca dende hoxe ata o vindeiro xoves, 30 de novembro.<\/p>\n Na s\u00faa intervenci\u00f3n, o titular de Medio Rural destacou os case 29.000 metros cadrados de superficie expositiva desta feira, que puxo en valor como \u201clugar de intercambio de co\u00f1ecemento e fonte de creaci\u00f3n de sinerx\u00edas\u201d. Nesta li\u00f1a, salientou tam\u00e9n que o evento permitir\u00e1 \u201cestablecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio, tomar o pulso ao mercado e co\u00f1ecer non s\u00f3 as novidades destes \u00e1mbitos, sen\u00f3n tam\u00e9n as \u00faltimas tendencias\u201d.<\/p>\n En relaci\u00f3n coa loita contra os incendios forestais, o conselleiro fixo especial fincap\u00e9 na prevenci\u00f3n, como \u201cv\u00eda fundamental para acalar aquelas situaci\u00f3ns m\u00e1is complicadas\u201d. Falou tam\u00e9n da optimizaci\u00f3n dos medios, lembrando que Galicia conta con m\u00e1is de 7.000 persoas no seu operativo, contabilizando tanto os profesionais propios da Xunta coma os adscritos a outras administraci\u00f3ns.<\/p>\n Sobre o dispositivo propio do Goberno galego, integrado por m\u00e1is de 3.000 persoas, Gonz\u00e1lez valorou a s\u00faa estabilidade laboral que -destacou- determina en gran medida a s\u00faa profesionalidade. As\u00ed, subli\u00f1ou que a nosa comunidade conta cun dispositivo p\u00fablico no que dous terzos dos seus compo\u00f1entes traballan todo o ano e o terzo restante seis meses.<\/p>\n Canto \u00e1 dotaci\u00f3n de material, o conselleiro puxo en valor, entre outras iniciativas, a renovaci\u00f3n de ata 125 veh\u00edculos motobomba desenvolvida pola Xunta na \u00faltima d\u00e9cada, acadando o 80 % da frota do operativo. As\u00ed mesmo, salientou os 24 mill\u00f3ns de euros consignados nos orzamentos de 2024 explicitamente para a dotaci\u00f3n de medios, inclu\u00edndo os a\u00e9reos e a subministraci\u00f3n da uniformidade do servizo. Na mesma li\u00f1a, referiuse \u00e1 optimizaci\u00f3n das infraestruturas, con menci\u00f3n particular \u00e1s bases de unidades operativas, co\u00f1ecidas como BUO e avanzou a construci\u00f3n de novas instalaci\u00f3ns deste tipo, que se vir\u00e1n sumar \u00e1s xa iniciadas de Mui\u00f1os -pr\u00f3xima ao seu remate-, Mondo\u00f1edo e Rianxo.<\/p>\n Outro aspecto destacado por Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez foi a futura inauguraci\u00f3n do Centro integral para a loita contra o lume de To\u00e9n (Ourense), que estar\u00e1 destinado \u00e1 formaci\u00f3n dos traballadores do Servizo de prevenci\u00f3n e defensa contra incendios da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e como referente na materia en toda Europa.<\/p>\n Asemade, o conselleiro mencionou o II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, organizado pola Xunta e que se celebrar\u00e1 estes d\u00edas en Silleda e trasladou que, con todo este esforzo, o Goberno galego busca perseverar na reduci\u00f3n \u201cao m\u00e1ximo\u201d da posibilidade de ocorrencia de lumes ou, no seu defecto, da s\u00faa afectaci\u00f3n.<\/p>\n Nun contexto m\u00e1is amplo, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez recordou que Galicia conta cunha ampla rede de servizos de emerxencias, formados tanto por profesionais como por voluntarios dispostos a dar o mellor de si mesmos co \u00fanico obxectivo de salvagardar a seguridade e o benestar da sociedade.<\/p>\n Para acadar esta finalidade, o conselleiro incidiu na prevenci\u00f3n e na colaboraci\u00f3n, facendo referencia a fitos coma o convenio de protecci\u00f3n das aldeas, no que participan a maior\u00eda dos concellos galegos, ou a cooperaci\u00f3n con d\u00faas das deputaci\u00f3ns provinciais, Ourense e Pontevedra \u201cpolo momento\u201d, remarcou, apelando a que esta suma de esforzos \u201cse faga plural\u201d. Tam\u00e9n vinculado \u00e1 prevenci\u00f3n, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez fixo menci\u00f3n \u00e1s leis de recuperaci\u00f3n da terra agraria -en vigor- e de loita integral contra os incendios forestais -en tramitaci\u00f3n-. As\u00ed, trasladou que ambas, en conxunto, levar\u00e1n a planificaci\u00f3n preventiva a un \u201cseguinte nivel\u201d, intensificando a implantaci\u00f3n de instrumentos de mobilizaci\u00f3n da terra e primando a s\u00faa colocaci\u00f3n no territorio con criterios de prevenci\u00f3n.<\/p>\n O conselleiro do Mar incidiu no papel cada vez m\u00e1is importante dos dispositivos como os drons que constit\u00faen unha soluci\u00f3n para optimizar as tarefas de salvamento mar\u00edtimo, combater a loita contra a contaminaci\u00f3n mari\u00f1a accidental, mellorar a preservaci\u00f3n dos ecosistemas fluviais e costeiros e perfeccionar a vixilancia do furtivismo. Unha tecnolox\u00eda, tal e como explicou Alfonso Villares, coa que conta o Servizo de Gardacostas que participou nesta feira a trav\u00e9s do helic\u00f3ptero Pesca 1 coa realizaci\u00f3n dun simulacro de recollida dun ferido en terra para o seu traslado ao centro hospitalario.<\/p>\n Nesta li\u00f1a, tam\u00e9n se reforzou con drons outras actuaci\u00f3ns como as relacionadas coa recollida de mostras e a medici\u00f3n de par\u00e1metros de calidade da auga de forma aut\u00f3noma, ou na mellora e o desenvolvemento da actividade por parte dos profesionais do Instituto Tecnol\u00f3xico para o Control do Medio Mari\u00f1o de Galicia (Intecmar) ou do Centro de Investigaci\u00f3ns Mari\u00f1as que presentou o mes pasado un proxecto que utiliza este tipo de dispositivos e a intelixencia artificial para obter informaci\u00f3n actualizada sobre o cremento e evoluci\u00f3n da mexilla no litoral.<\/p>\n rol del Medio Marino de Galicia (Intecmar) o del Centro de Investigaciones Marinas que present\u00f3 el mes pasado un proyecto que utiliza este tipo de dispositivos y la inteligencia artificial para obtener informaci\u00f3n actualizada sobre el crecimiento y evoluci\u00f3n de la mexilla en el litoral.<\/p>\n Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez chamou a reforzar a cooperaci\u00f3n institucional na loita contra os incendios forestais, lembrando o convenio de protecci\u00f3n das aldeas e o compromiso de d\u00faas das deputaci\u00f3ns provinciais -Ourense e Pontevedra- neste eido salientou os esforzos do Goberno galego na loita fronte o lume, po\u00f1endo en valor a estabilidade laboral do persoal da Xunta, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3232,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3229","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\nOptimizaci\u00f3n de medios<\/b><\/h2>\n
Ampla rede de servizos de emerxencias<\/b><\/h2>\n
Salvamento mar\u00edtimo<\/b><\/h2>\n
–>>> + FOTOS SEDEXPO 2023<\/a><\/strong><\/h2>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"