{"id":3260,"date":"2023-11-30T14:36:10","date_gmt":"2023-11-30T14:36:10","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/sedexpo-2023-cierra-con-un-22-mas-de-visitantes-y-la-vista-puesta-en-su-proxima-edicion\/"},"modified":"2023-11-30T14:38:11","modified_gmt":"2023-11-30T14:38:11","slug":"sedexpo-2023-cierra-con-un-22-mas-de-visitantes-y-la-vista-puesta-en-su-proxima-edicion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/sedexpo-2023-cierra-con-un-22-mas-de-visitantes-y-la-vista-puesta-en-su-proxima-edicion\/","title":{"rendered":"SEDEXPO 2023 pecha cun 22% m\u00e1is de visitantes e a vista posta na s\u00faa vindeira edici\u00f3n"},"content":{"rendered":"
Silleda, 30 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, pechou hoxe as s\u00faas portas tras converterse desde o martes nun din\u00e1mico escaparate e un foro de converxencia para estes tres \u00e1mbitos imprescindibles para a protecci\u00f3n e o benestar social.<\/p>\n Desde ent\u00f3n o recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA recibiu a 3.607 visitantes, o que sup\u00f3n un 22,5% m\u00e1is que na s\u00faa primeira cita, cando foran 2.943. Estes asistentes correspond\u00e9ronse na s\u00faa inmensa maior\u00eda con profesionais dos sectores implicados procedentes de distintos puntos de Espa\u00f1a e Portugal.<\/p>\n Estes visitantes puideron co\u00f1ecer as propostas de 209 firmas expositoras de 24 pa\u00edses, das cales 83 foron expositores directos de dez pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Espa\u00f1a, Francia, Israel, Italia, Letonia, M\u00e9xico, Pa\u00edses Baixos, Paquist\u00e1n e Portugal. Unhas cifras que supuxeron que os expositores directos ocupasen un 5,4% m\u00e1is de espazo e procedesen dun 42% m\u00e1is de pa\u00edses que na anterior edici\u00f3n, sendo ademais o n\u00famero de empresas estranxeiras presentes un 29% m\u00e1is.<\/p>\n Estes expositores trasladaron de forma xeneralizada \u00e1 organizaci\u00f3n boas impresi\u00f3ns respecto a esta segunda edici\u00f3n, ademais de destacar que o perfil dos visitantes foi o adecuado aos seus intereses e que a s\u00faa intenci\u00f3n \u00e9 repetir como expositores. Isto permite \u00e1 organizaci\u00f3n contar con moi boas expectativas para a terceira edici\u00f3n, a cal probablemente ser\u00e1 no primeiro semestre de 2025.<\/p>\n O certame celebrouse co respaldo dunha vintena de entidades, colectivos e departamentos da Xunta de Galicia e da Administraci\u00f3n Central. Ademais, contou co patrocinio da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estrat\u00e9xica liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover soluci\u00f3ns innovadoras baseadas en veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados (UAVs).<\/p>\n Un programa de gran nivel<\/strong><\/p>\n O programa de actividades de Sedexpo 2023 destacou tanto pola categor\u00eda das s\u00faas xornadas t\u00e9cnicas como polas s\u00faas magn\u00edficas demostraci\u00f3ns e simulacros, os cales dotaron ao certame de gran dinamismo. As exhibici\u00f3ns supuxeron comprobar in situ<\/em> as funcionalidades de produtos e sistemas que noutras feiras soamente poden verse de forma est\u00e1tica, mentres que os simulacros permitiron co\u00f1ecer as capacidades e labor de distintas entidades de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.<\/p>\n Foron m\u00e1is de 50 as conferencias da feira, enmarcadas nunha vintena de xornadas t\u00e9cnicas e no II Congreso Internacional de Incendios Forestais de Galicia Interlumes, organizado pola Conseller\u00eda do Medio Rural. Ademais da participaci\u00f3n de reco\u00f1ecidos expertos dos \u00e1mbitos da seguridade, defensa e emerxencias, destacou o interese dos temas abordados, entre eles soluci\u00f3ns innovadoras para a localizaci\u00f3n de persoas extraviadas por medio de veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados, o presente e futuro tanto da seguridade privada como dos drons, a protecci\u00f3n executiva p\u00fablico-privada, programas europeos de I+D+i en seguridade e emerxencias, mitos dos tiroteos, protecci\u00f3n civil en emerxencias, incendios forestais de sexta xeraci\u00f3n, seguridade en espazo p\u00fablicos ameazados polo terrorismo, desaf\u00edos e soluci\u00f3ns en seguridade ou os bulos<\/em> en emerxencias.<\/p>\n Sum\u00e1ronse talleres como os de soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n externa semiautom\u00e1tica, presentaci\u00f3ns como a centrada en sistemas para xestionar grandes volumes de operaci\u00f3ns con drons, asembleas e encontros.<\/p>\n En canto \u00e1s demostraci\u00f3ns, que foron moi numerosas, permitiron ver os produtos expostos en funcionamento, como fixeron as centradas nun rescate na auga con veh\u00edculo acu\u00e1tico el\u00e9ctrico, un posto de mando avanzado para coordinar os servizos p\u00fablicos, privados e sanitarios en eventos ou as de distintos drons. Tam\u00e9n houbo simuladores, o de conduci\u00f3n de ambulancias en realidade virtual ou o de pr\u00e1cticas extremas en alto estr\u00e9s en tiro simulado. Ademais, na feira estivo todos os d\u00edas un roadshow orientado a ofrecer capacitaci\u00f3n a todos os cidad\u00e1ns en material de ciberseguridade a trav\u00e9s de diversas actividades e espazos, como unha zona de gamificaci\u00f3n, charlas, talleres, un scape room<\/em> ou unha \u00e1rea de xogos.<\/p>\n Respecto aos simulacros, o primeiro d\u00eda tivo lugar unha vistosa recreaci\u00f3n da extinci\u00f3n dun incendio con ataque combinado de medios a\u00e9reos e terrestres para a defensa dunha vivenda illada e manobras de autoprotecci\u00f3n, organizado pola Xunta de Galicia.\u00a0<\/strong><\/p>\n Secuestro e busca con drons, hoxe nos simulacros<\/strong><\/p>\n Estes simulacros continuaron esta ma\u00f1\u00e1 con d\u00faas interesantes propostas. A primeira delas estivo protagonizada pola Garda Civil e consistiu nunha intervenci\u00f3n ante un secuestro con arma branca coa participaci\u00f3n de distintos medios, entre eles un helic\u00f3ptero. A segunda foi un exercicio sobre futuras capacidades da unidade operativa de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) na procura de persoas desaparecidas.<\/p>\n ESTA II FEIRA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, DEFENSA E EMERXENCIAS RECIBIU DENDE O MARTES A 3.607 ASISTENTES, ESENCIALMENTE PROFESIONAIS PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPA\u00d1A E PORTUGAL AS IMPRESI\u00d3NS TRASLADADAS POLA MAIOR\u00cdA DE EXPOSITORES PERMITEN \u00c1 ORGANIZACI\u00d3N CONTAR CON MOI BOAS EXPECTATIVAS PARA A SEGUINTE CONVOCATORIA, A CAL PROBABLEMENTE SER\u00c1 NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2025 Silleda, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3246,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3260","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n\u2013>>> + FOTOS SEDEXPO 2023<\/a><\/strong><\/h4>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"