{"id":3795,"date":"2025-03-17T09:18:07","date_gmt":"2025-03-17T09:18:07","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/el-recorrido-de-las-jornadas-de-sedexpo-2025-por-el-sector-de-la-seguridad-desde-el-ambito-privado-a-la-ia-en-ciberseguridad-o-el-desminado-humanitario\/"},"modified":"2025-03-20T09:10:49","modified_gmt":"2025-03-20T09:10:49","slug":"el-recorrido-de-las-jornadas-de-sedexpo-2025-por-el-sector-de-la-seguridad-desde-el-ambito-privado-a-la-ia-en-ciberseguridad-o-el-desminado-humanitario","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/el-recorrido-de-las-jornadas-de-sedexpo-2025-por-el-sector-de-la-seguridad-desde-el-ambito-privado-a-la-ia-en-ciberseguridad-o-el-desminado-humanitario\/","title":{"rendered":"O percorrido das xornadas de Sedexpo 2025 polo sector da seguridade: dende o \u00e1mbito privado \u00e1 IA en ciberseguridade ou o desminado humanitario"},"content":{"rendered":"
Silleda, 17 de marzo de 2025.- <\/em><\/strong>A III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2025, que se celebrar\u00e1 do 26 ao 28 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), contar\u00e1 cun interesante programa de actividades centradas na seguridade, con protagonismo do sector da seguridade privada.<\/p>\n As\u00ed, neste programa ser\u00e1 de gran relevancia o I Foro ADJSE da Seguridade Privada en Galicia, organizado pola Asociaci\u00f3n de Xefes e Directores de Seguridade de Espa\u00f1a (ADJSE) coa colaboraci\u00f3n da Asociaci\u00f3n Profesional de Compa\u00f1\u00edas Privadas de Servizos de Seguridade (APROSER), a Asociaci\u00f3n Europea de Profesionais para o Co\u00f1ecemento e Regulaci\u00f3n de Actividades de Seguridade Cidad\u00e1 (AECRA) e o Colexio Profesional de Detectives Privados e Privada de Galicia (CODEGA).<\/p>\n Inaugurado polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e clausurado polo director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, articularase en dous relatorios e tres mesas redondas. Na primeira das conferencias abordaranse os retos e perspectivas da seguridade en Europa, de man de Eduardo Cobas, vicepresidente segundo de CoESS e secretario xeral de APROSER, mentres que a segunda centrarase no presente e futuro da regulaci\u00f3n do modelo espa\u00f1ol da Seguridade Privada, sendo a cargo de Jorge Salgueiro, secretario xeral de AJDSE e presidente de AECRA.<\/p>\n En canto \u00e1 mesa redonda, que moderar\u00e1 Jes\u00fas Blanco, director de Seguridade Fiscal Corporativa de Abanca e presidente de AJDSE Galicia, contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de cinco reputados profesionais do sector. Estes ser\u00e1n Benito D\u00edaz, Ram\u00f3n Dopico e Ricardo Sanz, respectivamente directores de seguridade de Sergas Lugo, Banco Santander e Catedral de Santiago; Jos\u00e9 Ramiro Santos, director zona norte de Prosegur, e Mario Paul Ziegler, decano e presidente do Colexio de Detectives Privados de Galicia.<\/p>\n As\u00ed mesmo, destacar\u00e1 outra xornada tam\u00e9n centrada en seguridade privada, organizada por FTSP-USO coa colaboraci\u00f3n da Asociaci\u00f3n Profesional de Compa\u00f1\u00edas Privadas de Servizos de Seguridade (APROSER) e a Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Compa\u00f1\u00edas Privadas de Seguridade (ASECOPS). A primeira dos relatorios tratar\u00e1 o futuro da seguridade privada e a anticipaci\u00f3n ao cambio, a cargo de Luis Gabriel Gonz\u00e1lez, director de Asesor\u00eda e Relaci\u00f3ns Institucionais de ASECOPS; de Eduardo Cobas, secretario de APROSER; e de Basilio Alberto Febles, secretario xeral de FTSP-USO. A segunda delas versar\u00e1 sobre o valor do efectivo e contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de Mar\u00eda Crespo, xerente da plataforma Denaria; Mario Valls, head of external affairs en Loomis Espa\u00f1a; e Policarpo Ledesma, director xeneral Comercial e Marketing en Iberia Prosegur Cash SA.<\/p>\n Desminado, drons ou ciberseguridade e IA<\/strong><\/p>\n Ademais da seguridade privada, as xornadas de Sedexpo 2025 centradas na seguridade abordar\u00e1n outros temas de gran interese durante a feira.<\/p>\n As\u00ed, a Vixilancia Aduaneira da Axencia Estatal de Administraci\u00f3n Tributaria (AEAT) organizar\u00e1 a conferencia \u201cCecop: coordinaci\u00f3n e direcci\u00f3n de operaci\u00f3ns de loita contra o narcotr\u00e1fico en espazos mar\u00edtimos\u201d, sendo a encargada de falar deste tema Laura Rebollo, xefa da \u00e1rea de Operaci\u00f3ns Aeronavais e CECOP. Ademais, desde Asadesa-Cooperadores Espa\u00f1ois para o Desenvolvemento e Desminado no S\u00e1hara expo\u00f1er\u00e1n o desminado humanitario no Sahara. Os seus relatores ser\u00e1n Jos\u00e9 Murria, TEDAX experto en desactivaci\u00f3n de explosivos; Enrique Rubio e Paula Stucchi, expertos en desactivaci\u00f3n de explosivos; Jordi Martell, especialista en reco\u00f1ecemento de explosivos, e Francisco Mart\u00ednez, t\u00e9cnico de emerxencias sanitarias.<\/p>\n Tam\u00e9n o Polo Aeroespacial de Galicia incluir\u00e1 nalgunha das s\u00faas conferencias a uni\u00f3n entre drons e seguridade e a Garda Civil realizar\u00e1 unha xornada.<\/p>\n As\u00ed mesmo, diversas empresas realizar\u00e1n conferencias centradas en seguridade, como Ritrac Internacional, baixo os t\u00edtulos \u201cDrons e unidades K9: innovaci\u00f3n e colaboraci\u00f3n na seguridade cidad\u00e1\u201d, \u201cDrons: ciberseguridade e o ceo das oportunidades de negocio\u201d, \u201cDrons, Unha ferramenta clave na loita antiterrorista?\u201d, \u201cDrons e escoltas: o futuro da protecci\u00f3n persoal e a seguridade\u201d ou \u201cDrons e pilotaxe remoto: navegando o futuro da aviaci\u00f3n\u201d. Representantes das forzas de seguridade, especialistas en pilotaxe de drons, expertos en ciberseguridade ou antiterrorismo, desarrolladores de softwares, empresas de seguridade, profesionais en formaci\u00f3n no mundo do dron ou expertos en seguridade privada e protecci\u00f3n persoal, ademais de representantes da empresa, participar\u00e1n nestes encontros.<\/p>\n Tam\u00e9n Sermicro Group organizar\u00e1 unha mesa redonda sobre \u201cSeguridade e gobernanza do dato\u201d e unha xornada sobre \u201cCaso de uso de ciberseguridade e IA\u201d, coa presenza de expertos en ciberseguridade.<\/p>\n Ademais destas conferencias, tam\u00e9n se levar\u00e1n a cabo demostraci\u00f3ns e simulacros tanto por parte de empresas relacionadas coa seguridade como de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, os cales se est\u00e1n ultimando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ADEMAIS DE CONFERENCIAS, TAM\u00c9N SE REALIZAR\u00c1N DEMOSTRACI\u00d3NS E SIMULACROS RELACIONADOS CON ESTE CAMPO TANTO POR PARTE DE EMPRESAS COMO DE FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO ESTA III FERIA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, DEFENSA E EMERXENCIAS TER\u00c1 LUGAR DO 26 AO 28 DE MARZO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA Silleda, 17 de marzo … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3793,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3795","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n