{"id":4032,"date":"2025-03-24T09:19:56","date_gmt":"2025-03-24T09:19:56","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/espectaculares-simulacros-y-demostraciones-se-unen-a-conferencias-de-gran-nivel-en-la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-2025\/"},"modified":"2025-03-24T09:21:11","modified_gmt":"2025-03-24T09:21:11","slug":"espectaculares-simulacros-y-demostraciones-se-unen-a-conferencias-de-gran-nivel-en-la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-2025","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/espectaculares-simulacros-y-demostraciones-se-unen-a-conferencias-de-gran-nivel-en-la-feria-de-seguridad-defensa-y-emergencias-sedexpo-2025\/","title":{"rendered":"Espectaculares simulacros e demostraci\u00f3ns \u00fanense a conferencias de gran nivel na feira de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo 2025"},"content":{"rendered":"
Silleda, 24 de marzo de 2025.- <\/em><\/strong>A III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2025, a cal ter\u00e1 lugar do 26 ao 28 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), caracterizarase unha vez m\u00e1is polo seu gran dinamismo.<\/p>\n As\u00ed, na feira destacar\u00e1n as demostraci\u00f3ns de produtos e sistemas, coas que se poder\u00e1n comprobar in situ as s\u00faas funcionalidades, e tam\u00e9n os simulacros, que permitir\u00e1n co\u00f1ecer as capacidades e labor de distintos servizos de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.<\/p>\n Entre as primeiras incluiranse demostraci\u00f3ns centradas en simuladores, entre eles de emerxencias e evacuaci\u00f3n para traballar a prevenci\u00f3n activa do persoal aerotransportado ou de pr\u00e1cticas extremas de alto estr\u00e9s en tiro simulado que permite que as forzas da orde, forzas especiais e de seguridade se adestren en escenarios din\u00e1micos baseados en IA. Ademais, haber\u00e1 exhibici\u00f3ns de sistemas de ciberseguridade en distintos \u00e1mbitos, de drons, maquinaria, ferramentas ou compostos de fibra que absorben derrames de hidrocarburos e derivados qu\u00edmicos tanto en auga como en terra.<\/p>\n En canto aos simulacros, ser\u00e1n espectaculares, como o rescate que realizar\u00e1 Gardacostas de Galicia e a Unidade de Polic\u00eda Adscrita de Galicia (UPA Galicia) no lago do recinto, e o protagonizado pola Garda Civil, consistente na resposta conxunta e coordinada de varias unidades a unha ameaza terrorista Tam\u00e9n o ser\u00e1 respecto a incendios forestais a da Unidade Batracio Ancares, a cal est\u00e1 composta por varios veh\u00edculos como tractor, cisterna trituradora multifunci\u00f3n e polidozer, e que realizar\u00e1, unha \u201cManobra de protecci\u00f3n de infraestruturas (Defensa Interface), no marco do work-shop Fire Res. A\u00ednda se sumar\u00e1n outras como a exhibici\u00f3n da Unidade Canina da Polic\u00eda Local de Sabadell ou o simulacro multidisciplinar xestionado en Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mediante m\u00e9todo GOM (Xesti\u00f3n Operativo de Mando) e presentaci\u00f3n do sistema de dron cativo e comunicaci\u00f3n multiplataforma desde Posto de Mando Avanzado, organizado pola Xunta de Galicia.<\/p>\n Ademais, levaranse a cabo talleres, como o de soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n autom\u00e1tica, organizado por Fundaci\u00f3n p\u00fablica Urxencias Sanitarias de Galicia – 061<\/p>\n Xornadas con gran interese<\/strong><\/p>\n Se as demostraci\u00f3ns e simulacros son un dos sinais de identidade da feira, tam\u00e9n o \u00e9 o seu programa de conferencias, de gran nivel, o cal esperta un notable interese entre os visitantes profesionais de Sedexpo.<\/p>\n Nesta ocasi\u00f3n non o ser\u00e1 menos. As\u00ed, incluir\u00e1 xornadas centradas no sector da seguridade sobre temas tan interesantes como a rede de laboratorios e centros demostradores para a investigaci\u00f3n e innovaci\u00f3n en soluci\u00f3ns de ciberseguridade en Galicia, desminado humanitario no S\u00e1hara, principais necesidades e problemas no desenvolvemento dos servizos de seguridade, futuro da seguridade privada, ciberseguridade e IA, ciberseguridade no sector da automoci\u00f3n ou en redes de seguridade industrial, coordinaci\u00f3n e direcci\u00f3n de operaci\u00f3ns de loita contra o narcotr\u00e1fico en espazos mar\u00edtimos ou a intelixencia e informaci\u00f3n ao servizo da seguridade e defensa.<\/p>\n En canto a emerxencias, analizar\u00e1 distintas vertentes e aspectos, como a resposta ante a contaminaci\u00f3n mari\u00f1a accidental en Galicia: o plan Camgal e o servizo p\u00fablico de Gardacostas de Galicia, plans de emerxencias dos encoros, comunicaci\u00f3ns en situaci\u00f3ns de emerxencia e a tecnolox\u00eda E-Alert, presentaci\u00f3n do dispositivo enviado por Galicia na Dana de Valencia, que \u00e9 e que fai unha AVPC (Agrupaci\u00f3n de Voluntarios de Protecci\u00f3n Civil, a unidade de drons da UME (Unidade Militar de Emerxencias) ou o work-shop e simposio Fire Res, que incluir\u00e1 temas como o comportamento dos incendios forestais e evoluci\u00f3n dos factores socio-econ\u00f3micos no \u00e1mbito rural, o traballo dos voluntarios de Protecci\u00f3n Civil en incendios forestais ou factores que orixinan o comportamento extremo dos incendios forestais.<\/p>\n As\u00ed mesmo, os sectores aeroespacial e de drons ter\u00e1 gran protagonismo nas xornadas, que expo\u00f1er\u00e1n, entre outros, o cerebro detr\u00e1s dos drons: control e an\u00e1lise en tempo real, presente e futuro dos drons: conectividade e servizos intelixentes para operaci\u00f3ns altamente aut\u00f3nomas, o despegamento da Galicia aeroespacial, BFAero: impulsando o futuro da industria aeroespacial, o dron como resposta \u00e1 ameaza terrorista ou drons e escoltas: o futuro da protecci\u00f3n persoal e a seguridade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" RESCATES NA AGUA, PROTECCI\u00d3N DE INFRAESTRUTURAS ANTE INCENDIOS FORESTAIS, INTEVENCI\u00d3NS DE UNIDADES CANINAS, A RESPOSTA A UNHA AMEAZA TERRORISTA OU SITUACI\u00d3NS EXTREMAS DE ALTO ESTR\u00c9S EN TIRO, SER\u00c1N S\u00d3 ALGUNHAS DAS SITUACI\u00d3NS QUE SE RECREAR\u00c1N O CERTAME CARACTER\u00cdZASE UNHA VEZ M\u00c1IS POLO SEU CAR\u00c1CTER DIN\u00c1MICO, O CAL PERMITE COMPROBAR O FUNCIONAMENTO DE PRODUTOS E SISTEMAS … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3470,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4032","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n