{"id":4062,"date":"2025-03-25T11:17:06","date_gmt":"2025-03-25T11:17:06","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/la-feria-sedexpo-crece-y-une-las-propuestas-de-387-firmas-con-un-espectacular-programa-centrado-en-seguridad-defensa-y-emergencias\/"},"modified":"2025-03-25T11:18:16","modified_gmt":"2025-03-25T11:18:16","slug":"la-feria-sedexpo-crece-y-une-las-propuestas-de-387-firmas-con-un-espectacular-programa-centrado-en-seguridad-defensa-y-emergencias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.sedexpo.com\/gl\/la-feria-sedexpo-crece-y-une-las-propuestas-de-387-firmas-con-un-espectacular-programa-centrado-en-seguridad-defensa-y-emergencias\/","title":{"rendered":"A feira Sedexpo medra e une as propostas de 387 firmas cun espectacular programa centrado en seguridade, defensa e emerxencias"},"content":{"rendered":"
Silleda, 25 de marzo de 2025.- <\/em><\/strong>A III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2025, comeza ma\u00f1\u00e1 \u00a0m\u00e9rcores no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). E faio medrando respecto a as s\u00faas d\u00faas edici\u00f3ns anteriores tanto en expositores como en superficie, ademais de marcar a diferenza polo car\u00e1cter din\u00e1mico da s\u00faa exposici\u00f3n e o alto nivel das s\u00faas actividades.<\/p>\n En canto \u00e1 s\u00faa \u00e1rea expositiva, contar\u00e1 con 387 firmas de 38 pa\u00edses, un 71% m\u00e1is que na pasada convocatoria, celebrada en 2023. Estas estar\u00e1n representadas por 99 expositores presentes directamente na feira, un 19,2% m\u00e1is que ent\u00f3n, as cales proceden de oito pa\u00edses como son Espa\u00f1a, Portugal, Alema\u00f1a, Francia, Pa\u00edses Baixos, Paquist\u00e1n, Rep\u00fablica Checa e M\u00e9xico. Estas empresas e entidades ocupan unha superficie neta de 4.016 metros cadrados, un 11% m\u00e1is que en 2023.<\/p>\n Esta exposici\u00f3n, na que ter\u00e1n maior desenvolvemento os \u00e1mbitos de seguridade e emerxencias, mostrar\u00e1 equipamento e sistemas de seguridade p\u00fablica e privada, material para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protecci\u00f3n Civil e Emerxencias; equipos de protecci\u00f3n individual, tecnolox\u00eda aplicada, ferramentas de ciberseguridade, an\u00e1lise e intelixencia; soluci\u00f3ns de prevenci\u00f3n de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detecci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, rob\u00f3tica, aeron\u00e1utica, simulaci\u00f3n e servizos de enxe\u00f1er\u00eda, entre outros.<\/p>\n Esta edici\u00f3n conta de novo coa o apoio dunha vintena de colectivos, entidades e departamentos da Xunta de Galicia e da Administraci\u00f3n Central.<\/p>\n Sorprendentes simulacros e demostraci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n En canto ao programa de actividades de Sedexpo 2025, destacar\u00e1 tanto pola categor\u00eda das s\u00faas xornadas como polas s\u00faas magn\u00edficas demostraci\u00f3ns e simulacros. Estes \u00faltimos permitir\u00e1n comprobar in situ as funcionalidades de produtos e sistemas que noutras feiras soamente poden verse de forma est\u00e1tica, mentres que os simulacros mostrar\u00e1n as capacidades e labor de distintas entidades de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.<\/p>\n En canto a demostraci\u00f3ns haber\u00e1 algunhas centradas en simuladores, entre eles de emerxencias e evacuaci\u00f3n para traballar a prevenci\u00f3n activa do persoal aerotransportado ou de pr\u00e1cticas extremas de alto estr\u00e9s en tiro que permite que as forzas da orde e de seguridade se adestren en escenarios din\u00e1micos baseados en IA. Ademais, haber\u00e1 exhibici\u00f3ns de sistemas de ciberseguridade, drons, maquinaria ou compostos de fibra que absorben derrames de hidrocarburos en auga e en terra.<\/p>\n Respecto aos simulacros, ser\u00e1n espectaculares, como o rescate que realizar\u00e1 Gardacostas de Galicia e a Unidade de Polic\u00eda Adscrita de Galicia (UPA Galicia) no lago do recinto, e o protagonizado pola Garda Civil, consistente na resposta coordinada de varias unidades a unha ameaza terrorista Tam\u00e9n o ser\u00e1 respecto a incendios forestais a da Unidade Batracio Ancares, composta por tractor, cisterna trituradora multifunci\u00f3n e polidozer, e que realizar\u00e1, unha \u201cManobra de protecci\u00f3n de infraestruturas (Defensa Interface), no marco do work-shop Fire Res. A\u00ednda se sumar\u00e1n outras como a exhibici\u00f3n da Unidade Canina da Polic\u00eda Local de Sabadell ou o simulacro multidisciplinar xestionado en Posto de Mando Avanzado (PMA) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mediante m\u00e9todo GOM (Xesti\u00f3n Operativo de Mando) e presentaci\u00f3n do sistema de dron cativo e comunicaci\u00f3n multiplataforma desde PMA, organizado pola Xunta de Galicia.<\/p>\n Ademais, levaranse a cabo obradoiros, como o de soporte vital b\u00e1sico e desfibrilaci\u00f3n autom\u00e1tica, organizado por Fundaci\u00f3n p\u00fablica Urxencias Sanitarias de Galicia – 061<\/p>\n M\u00e1s de 50 conferencias de gran nivel<\/strong><\/p>\n En canto \u00e1s xornadas, outro dos sinais de identidade da feira, ser\u00e1n m\u00e1is de trinta e incluir\u00e1n m\u00e1is de 50 conferencias impartidas por un centenar de expertos.<\/p>\n Est\u00e1n programadas xornadas de seguridade sobre temas como a rede de laboratorios e centros demostradores para a investigaci\u00f3n e innovaci\u00f3n en soluci\u00f3ns de ciberseguridade en Galicia, desminado humanitario no S\u00e1hara, necesidades e problemas no desenvolvemento dos servizos de seguridade, futuro da seguridade privada, ciberseguridade ou coordinaci\u00f3n e direcci\u00f3n de operaci\u00f3ns de loita contra o narcotr\u00e1fico en espazos mar\u00edtimos. En emerxencias analizaranse aspectos como a resposta ante a contaminaci\u00f3n mari\u00f1a accidental en Galicia: o plan Camgal e o servizo p\u00fablico de Gardacostas de Galicia, plans de emerxencias dos encoros, comunicaci\u00f3ns en situaci\u00f3ns de emerxencia e a tecnolox\u00eda E-Alert, presentaci\u00f3n do dispositivo enviado por Galicia na Dana de Valencia, que \u00e9 e que fai unha AVPC (Agrupaci\u00f3n de Voluntarios de Protecci\u00f3n Civil), a unidade de drons da UME (Unidade Militar de Emerxencias) ou o work-shop e simposio Fire Res, centrados en \u201cInterface Rural\u201d e \u201cIncendios forestais extremos\u201d.<\/p>\n As\u00ed mesmo, o sector aeroespacial e de drons ter\u00e1 gran protagonismo expo\u00f1endo aspectos como o cerebro detr\u00e1s dos drons: control e an\u00e1lise en tempo real, presente e futuro dos drons, o despegamento da Galicia aeroespacial, BFAero: impulsando o futuro da industria aeroespacial, o dron como resposta \u00e1 ameaza terrorista ou drons e escoltas: o futuro da protecci\u00f3n persoal e a seguridade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTAS MARCAS, UN 71% M\u00c1IS QUE NA ANTERIOR EDICI\u00d3N E PROCEDENTES DE 38 PA\u00cdSES, EST\u00c1N REPRESENTADAS POR 99 EXPOSITORES DIRECTOS, UN 19,2% M\u00c1IS QUE ENT\u00d3N ENTIDADES E DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA E A ADMINISTRACI\u00d3N CENTRAL, AS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E DISTINTAS EMPRESAS ORGANIZAR\u00c1N CONFERENCIAS, OBRADOIROS, PRESENTACI\u00d3NS, DEMOSTRACI\u00d3NS E ESPECTACULARES SIMULACROS … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4060,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4062","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n