- 01.02.2023
SERÁ A SEGUNDA EDICIÓN DESTE CERTAME ORGANIZADO POLA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA A ENTIDADE FEIRAL MANTIVO UN ENCONTRO CON REPRESENTANTES DE EMPRESAS DOS
A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias SEDEXPO converterase na primeira cita a nivel nacional que reúna de forma conxunta e destacada aos principais axentes de cada un destes tres sectores crave no desenvolvemento do benestar e a protección social.
Será un foro e punto de encontro no que organismos públicos, institucións, empresas e profesionais poderán explorar oportunidades de colaboración, establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio e comprobar tódals as novidades e toda a tecnoloxía aplicada en tres ámbitos tan dinámicos.
Servirá sen dúbida como escaparate para poñer en valor unha industria referente e vital para a economía e a sociedade, cuxo carácter estratéxico xera, ao mesmo tempo, un importante retorno en forma de riqueza, fomento de emprego cualificado e innovación tecnolóxica.
Unha feira que nace cun marcado carácter internacional, cos obxectivos de presentar ao mundo a industria de Seguridade, Defensa e Emerxencias, impulsar a súa presenza exterior e superar tódolos retos actuais, desenvolver novas capacidades e impulsar a investigación, así como promover o seu carácter dual e as súas aplicacións civís.
17-19 de novembro 2022.
Gratuíto, previa inscrición.
Profesional, o xoves e venres.
Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda
(preto de Santiago de Compostela – España).
Gratuíto previa inscrición.
Xoves e venres
de 10:00 a 19:00 h.
Sábado de 10:00 a 17:00 h.
Un certame único nun espazo único, no que terán cabida tódalas pezas clave que conforman os ámbitos da SEGURIDADE, a DEFENSA e as EMERXENCIAS.
De interés🧐De interese
https://www.seguritecnia.es/actualidad/cctv-vigilancia/cinco-buenas-practicas-de-proteccion-de-datos-a-tener-en-cuenta-en-la-seguridad-fisica_20230128.html
Feira Internacional de Galicia ABANCA
Avda. Recinto Feiral S/N.
36540 Silleda - Pontevedra - España
tfn 986 577 000
mail sedexpo@feiragalicia.com