Actividades

sedexpo-logo

SEDEXPO

Que encontrará o visitante en SEDEXPO 2022?

Pois innumerables razóns polas que non debe perder esta cita…

UNHA FEIRA REFERENTE

Sedexpo contará xa na súa primeira edición co respaldo e compromiso de tódolos axentes destacados dos sectores implicados, converténdoa desde o seu nacemento nunha cita de referencia.

PROGRAMA DE XORNADAS ÚNICO

Especialistas e profesionais de primeiro nivel someterán a debate os principais temas de actualidade e tendencias do sector a través dun espectacular programa de xornadas que se converterán en sinal de identidade do certame.

TALLERES

Dunha forma práctica, e da man de expertos, os visitantes terán a posibilidade de formarse en temas de máxima actualidade e interese.

DEMOSTRACIÓNS

O certame será unha oportunidade única para comprobar sobre o terreo, o funcionamento e rendemento de moitos dos produtos presentados no certame.

EXHIBICIÓNS

As fantásticas instalacións do recinto permitirán ver en directo espectaculares actuacións e exhibicións que sorprenderán ao público visitante.

Foro Internacional da Muller
Seguridade, Defensa e Emerxencias

Este foro nace como unha plataforma multidisciplinar que agrupa a mulleres profesionais a nivel internacional cunha destacada traxectoria nestes ámbitos, vinculado ao certame e que terá en SEDEXPO a súa presentación ao grande.

A través dun ambicioso programa tratará de promover o intercambio de experiencias e coñecemento, impulsar a cultura de seguridade e defensa, e empoderar á muller e visibilizar o seu importante papel nestes tres sectores.

SIMULACROS

A feira será un escenario ideal para coñecer en vivo o labor das forzas armadas, dos corpos de seguridade, dos servizos de emerxencias, e das demais entidades que loitan pola nosa protección e benestar.

ACTIVIDADES NOS STANDS

Cada ano os expositores superaranse coas ori- xinais propostas nos seus stands para captar a atención do público, e dar a coñecer tódolos seus produtos e servizos da forma máis impactante.

PREMIOS E DISTINCIÓNS

Poñer en valor a profunda transformación que están a liderar moitas das empresas, entidades e profesionais participantes no salón será un dos obxectivos.

ACTIVIDADES PARALELAS

Antes, durante e despois da feira, numerosas e variadas actividades completarán o fantástico programa.

CULTURA DE SEGURIDADE e DEFENSA

Fomentar esta cultura e achegala ao público serán eixos estratéxicos e unha responsabilidade compartida entre todos.