Presentación

sedexpo-logo

SEDEXPO

Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias

Onde se celebra?

SEDEXPO terá lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA, o
maior parque de exposicións do noroeste peninsular.

O recinto está situado na localidade de Silleda, a un paso da súa cidade de referencia, Santiago de Compostela.

Conta cunhas magníficas infraestruturas: máis de 400.000 m2 de superficie, dos cales se destinan a exposición 35.000 m2 cubertos (distribuídos en varios pavillóns) e 55.000 m2 ao aire libre, ademais de 27.000 m2 de zonas verdes.

Os seus pavillóns, o seu auditorio, as súas múltiples salas e os seus espazos exteriores confírenlle unha gran versatilidade. A eles súmanse os seus amplos aparcadoiros, un ring verde, un lago artificial e mesmo un heliporto, o que lle permite adaptarse a todo tipo de eventos e necesidades.

Por que en Galicia?

En Galicia existe unha longa e firme tradición de industria en Seguridade, Defensa e Emerxencias, entre a que destaca a presenza de importantísimas compañías dentro da cadea de subministración de defensa e seguridade, a súa posición referente no ámbito das emerxencias e na industria naval, así como a importante aposta público-privada que se está facendo no sector aeroespacial.

É sen dúbida unha industria moi competitiva, innovadora e internacionalizada, pero que se marca o obxectivo de seguir sendo un polo de atracción de investimento, seguir creando mer- cado na rexión e continuar impulsando a marca España no exterior.

A feira representa unha oportunidade única para que Galicia sexa de novo protagonista do acelerado proceso de transformación industrial e tecnolóxica que están a vivir os sectores de Seguridade, Defensa e Emerxencias.

Silleda e o seu recinto feiral,
a un paso de Santiago de Compostela

BUSES GRATUÍTOS DIRECTOS Á FEIRA

Desde Santiago de Compostela os días 17, 18 e 19 de novembro de 2022.
Dispoñibles en varios horarios para expositores e visitantes.

EN COCHE PROPIO OU ALUGUEIRO DUN TURISMO
SERVIZO DE TAXI OU TRANSPORTE CON CONDUTOR
sedexpo-logo

Como llegar?

Directamente ao recinto:

En coche

Autoestrada AP-53. Saída km. 33

Vía Santiago de Compostela:

En tren

Santiago de Compostela é un importante nó ferroviario con conexións de alta velocidade coa maior parte de urbes galegas e coa cidade de Madrid, o que lle abre a posibilidade de conectarse con infinidade de destinos.

En avión

Voos directos a Santiago de Compostela desde innumerables destinos nacionais e internacionais.

En autobús

Santiago de Compostela, como Capital e centro xeográfico da nosa Comunidade, dispón de múltiples conexións nacionais e internacionais diarias.