- A I FEIRA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, DEFENSA E EMERXENCIAS SERÁ DO 17 AO 19 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA)
Diferentes departamentos do Ministerio do Interior participarán en SEDEXPO 2022, na que será a primeira edición desta Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias.
Esta participación en SEDEXPO está en liña coas iniciativas institucionais do Ministerio do Interior para fomentar a conciencia de Seguridade Nacional e Cultura de Seguridade.
SEDEXPO 2022, que terá lugar do 17 ao 19 de novembro, dispón dun equipo con gran experiencia na organización de eventos. Así mesmo, conta co asesoramento de profesionais en seguridade, defensa e emerxencias, o respaldo da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e tamén o interese confirmado do mundo empresarial, con colectivos e firmas nacionais e internacionais líderes no sector.
Negocio, innovación e coñecemento
SEDEXPO será un punto de encontro no que organismos públicos, institucións, empresas e profesionais poderán explorar oportunidades de colaboración, establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio e comprobar todas as novidades de tres ámbitos dinámicos e claves no desenvolvemento do benestar e a protección social.
Poñerá en valor unha industria referente e vital para a economía e a sociedade, cuxo carácter estratéxico xera, ao mesmo tempo, un importante retorno en forma de riqueza, fomento de emprego cualificado e innovación tecnolóxica. Ademais, fomentar a cultura de seguridade e defensa no cidadán, achegar ao público o mundo das emerxencias e facelo partícipe da súa necesaria implicación, serán puntos estratéxicos sobre os que tamén virará o certame.
SEDEXPO será, sen dúbida, unha ferramenta para a proxección da nosa industria de seguridade e emerxencias.
Un recinto con gran versatilidade
SEDEXPO celebrarase na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, un recinto de 400.000 metros cadrados de superficie, con múltiples pavillóns, 55.000 metros cadrados de espazos exteriores para demostracións dinámicas, un lago artificial, un heliporto, ring con bancadas cubertas e auditorio para 624 persoas.
Trátase dun espazo inmellorable para mostrar novidades e para que futuros investidores coñezan a nosa industria de Seguridade, Defensa e Emerxencias, situando como referencia os nosos produtos e áreas de coñecemento.









