A feira de seguridade, defensa e emerxencias SEDEXPO presentou en UNVEX a súa primeira edición, que será do 17 ao 19 de novembro de 2022

  • NO ACTO PARTICIPARON SANTIAGO VILLANUEVA, DIRECTOR XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DA XUNTA DE GALICIA; RICARDO DURÁN, DIRECTOR DA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, ORGANIZADORA DO CERTAME; E LUÍS MARTÍNEZ GAVILÁN, MEMBRO DE COMITÉ REITOR DO EVENTO
  • AO SEU REMATE FORMALIZOUSE UN ACORDO DE COLABORACIÓN DE GRAN INTERESE PARA O SALÓN CO GRUPO DE COMUNICACIÓN IDS

A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, terá lugar do 17 ao 19 de novembro do próximo ano na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). Unha primeira edición na que se está traballando xa intensamente e que esta mañá foi presentada no marco de UNVEX, a maior feira de drones de España, a cal se celebra na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela desde hoxe ata o próximo día 9.

O acto contou coa participación do director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, quen destacou a importancia de SEDEXPO para converter a Galicia en protagonista do proceso de transformación industrial e tecnolóxico dos sectores dá seguridade, defensa e emerxencias a través desta feira que permitirá “potenciar estes ámbitos e facer partícipes aos cidadáns da súa relevancia”. Nesta liña, incidiu no compromiso e a implicación da Xunta para dotar do equipamento necesario aos efectivos das forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan para protexer aos galegos e as galegas.

Ademais, sinalou que a comunidade galega é un referente nesta industria, polo que o Goberno galego apoia a celebración de SEDEXPO, que o próximo ano congregará aos principais axentes a nivel nacional da seguridade, a defensa e as emerxencias continuando ademais a reactivación da actividade tras a covid-19 no recinto feiral de Silleda.

Tamén estivo presente Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, entidade organizadora do certame Na súa intervención sinalou que se trata dun proxecto ilusionante, xa que supón, por unha banda, a incorporación de nuevo sectores ao calendario do recinto, tal e como xa se veu facendo nos últimos anos con eventos que están a contar con moi bos resultados como a feira da enerxía Enerxétika ou a de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus, e, por outra, permite á entidade feiral achegar o seu gran de area a uns sectores que son clave para o benestar e a protección social.

Durán resaltou ademais que o evento se poñerá ao servizo destes sectores cun equipo que conta con gran experiencia na organización de eventos, como é o da Feira Internacional de Galicia ABANCA, co obxectivo de contribuír o máximo posible ao seu desenvolvemento. Ao mesmo tempo subliñou a importancia de poder presentar SEDEXPO no marco dunha feira de referencia como é UNVEX e agradeceu a Anxo Macho, director do evento e do grupo IDS, tanto a posibilidade de facer este acto como o apoio do seu grupo de comunicación a SEDEXPO.

Así mesmo, o experto en seguridade e defensa Luís Martínez Gavilán participou na presentación en representación do Comité Reitor do certame, do cal forma parte xunto coa Asociación de Directivos de Seguridade Integral (ADSI), a Asociación Nacional de Profesores Acreditados de Seguridade Privada (ANPASP) e a Asociación Internacional de Membros de Corpos de Seguridade e Emerxencias ( AIMCSE).

Destacou que a industria de seguridade, defensa e emerxencias son sectores estratéxicos cuxo desenvolvemento xera, ademais, un importante retorno para a sociedade en forma de riqueza ao país, fomento de emprego cualificado e innovación tecnolóxica. E neste sentido, insistiu en que SEDEXPO proxectará no exterior a imaxe competitiva e innovadora desta industria, con claras posibilidades de atraer investimento e creación de mercado na rexión, á vez que considerou que esta feira será un complemento a eventos como FEINDEF e outros certames sectoriais, sumando, aumentado e fortalecendo as liñas estratéxicas da nosa industria de seguridade, defensa e emerxencias. Fixo ademais fincapé na vocación do certame de implicar a participación cidadá e de visibilizar o importante papel da muller nestes campos. Tanto é así que en SEDEXPO terá protagonismo o Foro Internacional da Muller en Seguridade, Defensa e Emerxencias, entidade de recente creación que naceu vinculada ao certame.

Acuerdo con IDS

Tras a presentación de SEDEXPO a Feira Internacional de Galicia ABANCA formalizou un acordo de colaboración co grupo de comunicación IDS, organizador de UNVEX. Un convenio que resulta de gran interese para o certame e mediante o cal IDS apoiará a SEDEXPO coa súa experiencia e coñecemento. Así, formará parte activa do seu Comité Organizador e asesorará ao Comité Reitor en distintos aspectos do evento. Ao mesmo tempo, o grupo pasará a ser “media partner estratéxico”.